Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 69 Carrexón O Camiño dos Carrexóns ou o Camiño da Carrexona é a denomi- nación popular alternativa para a vía pública oficialmente chamada o camiño dos Muiñeiros , en Babio, e ten orixe nun alcume da familia propietaria. Carrexón, Carrexona son derivados do verbo carrexar ; o seu emprego como sobrenomes persoais posiblemente ten relación co carrexo da pedra extraída das canteiras da zona, pois no pasado eran moitos os veciños da parroquia que se dedicaban a esa actividade. Casa O substantivo común casa (< latín vulgar CASAM ‘cabana’) entra na formación dos seguintes topónimos de Beade: a Casa Nova (nome duns campos onda a estrada do Porto), a Casa dos Furas , cuxo segundo ele- mento semella un alcume de familia, acaso relacionado co verbo furar , a Casa das Carballas , as Casas Vellas , a Casa de Po (probablemente dun apelido de propietario Poo , de orixe luguesa, cántabra ou asturiana), a Casa de Leirós (tamén cun apelido de propietario), a Casa Charrusco (un sobrenome persoal, quizais relacionado con charruscar ‘requeimar, chamuscar’), a Casa do Chato (no camiño dos Barros, en Babio, cun sobrenome persoal relativo ao aspecto físico do primeiro portador) e a Casa de Campaneiro ou a Casa de Donata Campaneiro . Está tamén presente o substantivo casa , na forma apocopada cas -, en Casmarcelo e o Camiño de Casmarcelo . Castañal ▶ Castiñeira Castaño, O ▶ Castiñeira Castiñeira, Castiñeiro, Castañal Castiñeiro é o nome común galego da árbore que dá castañas. O seu nome, o mesmo ca a forma feminina castiñeira , son derivados do nome da froita ( castaña < latín CASTANEAM ) mediante os sufixos -eiro, -eira .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1