Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 68 Carreiro, Carreira Carreiro e carreira son substantivos comúns en galego que desig- nan camiños. Aínda que ambos son derivados de carro , o feminino mantivo un significado próximo ao orixinario ‘camiño apto para ca- rros’, en tanto que o masculino pasou a especializarse como ‘camiño estreito apto para persoas ou para o gando, pero non para carros’. En Beade temos o Carreiro das Forgueiriñas (véxase Filgueira, Folgueira ), o Carreiro do Coto e mais o Carreiro do Cantón (véxase Cantón ) e un feminino A Carreira (denominación alternativa do Camiño do Portelo , na Coutada). Carteira, A A Fonte da Carteira son dous canos que aínda hoxe podemos ver botando auga, situados nun carreiro que sae da rúa da Cavada, en di- rección ás terras que denominan As Gándaras. Descoñecemos a orixe desta denominación, un derivado de carto ou carta (< latín QUARTUM , QUARTAM ). Quizais responde a motivacións semellantes ás do seguinte topónimo. Carto do Viño, O Coñécense como O Carto do Viño unhas terras de labor na Barxa de Abaixo, onda o camiño da Venda para O Porto. O nome ten rela- ción cos tributos ou coas cargas que gravaban as terras, coma outros topónimos da parroquia (véxase, por exemplo, Dimadeus ). Neste caso, refírese ao foro da cuarta parte da produción de viño que se pagaba polo usufruto dos terreos. Non podemos saber cando se estableceu esa carga sobre esas terras de labor, pero no século XVIII xa era un topónimo consolidado, como vemos no Catastro de Ensenada «en el Carvallo do Pazo y Quarto do viño», «sitio do Carto de Viño», «en el Carto do Viño», «donde dicen Carto do Viño». Nalgunha ocasión figura cunha variante que presenta en feminino o segundo elemento: «un tojal en el sitio do carto da viña», «sitio de Quarto da Viña».

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1