Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 5 A primeira referencia documental que conservamos da parro- quia de Beade data do século XII e pertence a un escrito de delimitación dos territorios dependentes do bispado e do cabido de Tui. Non quere iso dicir que non teña Beade unha longa histo- ria previa. Segundo testemuñan os restos arqueolóxicos, xa había poboamentos asentados nestas terras no terceiro milenio antes de Cristo e é probable que haxa que remontar a presenza humana na zona a datas moito máis antigas, no remoto paleolítico. A to- ponimia tamén corrobora esta idea, pois a pesar de que os máis dos nomes de lugar da parroquia de Beade teñen orixe no latín ou xa naceron en galego, hai algúns, como Babio , que proceden da lingua ou linguas faladas antes da chegada dos romanos e son, cando menos, bimilenarios. Desde o tempo das primeiras referencias documentais da Ida- de Media ata hai apenas douscentos anos, o bispo de Tui exerceu señorío durante séculos sobre a parroquia, que no Antigo Réxime integraba, xunto coas de Bembrive, Bouzas, Coia e Coruxo, o territorio da xurisdición de Bouzas, onde gobernaba a autoridade eclesiástica tudense, que designaba cada tres anos un xuíz ordi- nario e catro rexedores. Coas reformas administrativas da primeira metade do século XIX , a vila de Bouzas constituíu o concello do seu nome con parte da súa antiga xurisdición, mentres que outra parte, incluída a Limiar 1
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1