Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 67 as dúas parroquias próxima ao núcleo das Carneiras tamén é coñecida co nome de A Aparicia ou A Paricia (véxase). Carpiza, A A Carpiza é o nome dunhas terras no Pinal da Venda, estremando co camiño das Cañoteiras. Descoñecemos a orixe e o significado deste topónimo, mais cremos probable que se trate dun feminino en función adxectiva creado a partir dun apelido de propietario ( A Carpiza equi- vale a ‘a de Carpizo’). Carpizo é apelido de orixe castelá, que ten na provincia de Ávila o seu foco de maior densidade. Segundo a Cartogra- fía dos apelidos de Galicia, do Instituto da Lingua Galega, en Galicia este apelido castelán Carpizo unicamente ten presenza significativa no concello de Vigo. Carraceda, A Denomínase A Carraceda un terreo edificado no ramal do camiño da Batalla que vai dar ao camiño do Cu da Viña, entre As Guinchueiras e Os Campos da Batalla, no barrio da Coutada. Carraceda é un fitotopó- nimo, un nome de lugar que fai referencia á vexetación, neste caso un derivado mediante o sufixo colectivo -edo, -eda do substantivo carrizo , denominación xenérica de varias especies de plantas herbáceas pro- pias de sitios húmidos ou pantanosos. As características físicas do lugar, aínda na actualidade, fan verosímil esta explicación. Con todo, ao non posuírmos documentación antiga deste topónimo de Beade, debemos admitir tamén a posibilidade de que realmente proceda dun sobrenome ou apelido de propietario, coma tantos outros microtopónimos da pa- rroquia. De ser así, é máis probabe que esta Carraceda sexa un feminino adxectival equivalente a ‘a de Carracedo’ e non un apelido ou un sobre- nome coa forma feminina, vista a distribución do masculino e do femi- nino na toponimia (o Nomenclátor de Galicia recolle trinta entidades de poboación chamadas Carracedo e só un feminino Carraceda ) e, conse- cuentemente, no apelido (segundo a Cartografía dos apelidos de Galicia do Instituto da Lingua Galega, o censo de 2006 recolle en Galicia 2341 persoas apelidadas Carracedo e ningunha apelidada Carraceda ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1