Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 66 molusco. Así pois, resulta verosímil a hipótese de que os topónimos que conteñen a forma O Caramuxo e Caramanchel deban o seu nome a unha construción (unha caseta, un alboio ou un alpendre) non des- tinada a vivenda. A vitalidade desta familia léxica no español de Amé- rica leva a pensar que quizais foron termos traídos polos galegos das primeiras emigracións transoceánicas (no século XVII , na rexión do río da Prata os orixinarios de Galicia xa constituían o grupo máis numeroso de peninsulares), como tamén foron traídos polos galegos outros termos do castelán de América que na península só teñen uso no noroeste ( pocillo, baiuca, chigre ...), e entre eles un sinónimo dos precedentes, inusual no castelán (o dicionario da Real Academia Española caracte- rízao como propio de América meridional e de Honduras) pero de uso común entre nós: galpón . A localización dos topónimos fainos pensar que eses caramuxos e ese caramanchel poderían ser galpóns onde se traballaba a pedra extraída das canteiras situadas nas estremas de Bea- de con Matamá e Castrelos. Carballases ▶ 05. Carballo do Pazo, O Carballeira ▶ 05. Carballo do Pazo, O Carballo do Pazo ▶ 05. Carballo do Pazo, O Carneiras, As As Carneiras é o nome dunha área contigua ás escolas de Babio, na estrema coa parroquia de Matamá, onde se atopa a entidade de po- boación denominada As Carneiras . Coma outros topónimos da zona, o plural é relativamente recente, e na documentación antiga adoita aparecer o singular A Carneira . Así, no Catastro de Ensenada sitúase nunha pedra chamada Pena da Carneira un dos puntos que estable- cen a demarcación entre Matamá e Beade. Segundo os informantes locais, nesa zona houbo no pasado unha especie de mercado, mais non puidemos confirmar ese pormenor na documentación escrita. Carneira e Carneiras son probablemente formas derivadas dunha raíz prerromana CAR - ‘pedra, dureza’, coma Carnota, Carnós e outros to- pónimos galegos semellantes, e orixinariamente designarían un lugar pedregoso ou abundante en pedras. A mesma área da estrema entre
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1