Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 65 Esta gentil moza, pues, ayudó a la doncella, y las dos hicieron una muy mala cama a Don Qui- jote en un caramanchón , que otros tiempos daba manifiestos indicios que había servido de pajar muchos años, en el cual también alojaba un arriero que tenía su cama hecha un poco más allá de la de nuestro Don Quijote. Ese substantivo caramanchón ten unha variante camaranchón . Se en última instancia son derivados do latín CAMARA , como sosteñen algúns estudosos (outros dano como de orixe incerta, talvez prerromana), ca- mar anchón sería a forma primitiva e caram anchón o resultado dunha alteración da orde silábica, alteración relativamente común (na topo- nimia galega temos paralelo en Camar iñas - Caram iñal ). Emparentado con este caramanchón e camaranchón na forma e no significado hai tamén en castelán caramanchel , substantivo que tamén deixou pegada na toponimia próxima a Beade, pois o Muíño de Caramanchel é nome dunha área de Matamá, que aparece co mesmo nome de Caramanchel na demarcación da parroquia de Matamá no Catastro de Ensenada. O dicionario da Real Academia Española explica este substantivo como resultado dun antigo camaranchel , derivado de cámara (latín CAMARAM ). Dá as seguintes acepcións: C ARAMANCHEL 1. m . Cubierta fija o móvil, a modo de tejadillo, con que se cierran las escotillas de algunos buques. 2. m . Tugurio, chiribitil, desván. 3. m . Puesto público donde se venden bebidas. 4. m . (Ecuad.) Puesto de vendedor ambulante situado en los soportales. 5. m . (El Salv.) Sitio cubierto. O dicionario galego-castelán de Eladio Rodríguez (1958-1961) reco- lle como galegas as formas caramanchel e caramanchón e defíneas así: C ARAMANCHEL s. m. Torre elevada, mirador o azotea en alguna fortaleza. C ARAMANCHÓN s. m. Desván de una casa donde suelen guardarse los trastos viejos y objetos en desuso. / Obra avanzada de fortificación; CAMARANCHÓN. Á mesma familia léxica han de pertencer outros substantivos como camareta, camarote e o localismo de Colombia caramucho ‘caseta, ca- bana’. As terminacións de camar - ou caram - anchón , - anchel e - ucho semellan conter connotacións pexorativas ou despectivas, axeitadas para designar construcións de pouca consistencia ou calidade. Pode conter as mesmas connotacións o derivado co sufixo galego - uxo da forma Caramuxo , seguramente influída polo nome idéntico do pequeno

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1