Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 64 coñecidas como Os Cañotales , que deron nome ao camiño. Boa parte desas coutadas desapareceron nas terras removidas coa construción do novo hospital. Caramuxo, O A acepción máis común do substantivo caramuxo é a que denomina certo molusco de mar, en forma de caracoliño, coñecido noutras áreas galegas como mincha ou bígaro . En castelán, ademais desta acepción, o substantivo caramujo designa os frutiños da zarza perruna (en galego silva macha , especie de roseira brava). Pero é posible que a presenza da forma caramuxo na toponimia non se deba a ningún deses significados. No Nomenclátor de Galicia figura unha única entidade de poboación chamada O Caramuxo : é un núcleo pertencente á parroquia viguesa de Santo André de Comesaña. Na de Beade temos este termo en tres topónimos: O Caramuxo (valgada e zona habitada na proximidade do lugar do Porto de Arriba), a Fonte do Caramuxo e mais o Camiño do Caramuxo (fonte e vía pública no mesmo lugar). Nunha relación municipal relativa á rotulación de rúas e prazas do ano 1877, figura outro Caramuxo no distrito cuarto de Vigo, o corres- pondente á actual zona vella, segundo sabemos por Gerardo Sacau (1996). Este autor relaciona a orixe do nome dese Caramuxo vigués coa venda do mencionado molusco, pero dubida de que sirva a mesma explicación para os outros dous topónimos idénticos localizados no concello de Vigo pero distanciados do mar e da cidade. En efecto, pa- rece inverosímil esa explicación, mesmo para o situado no medio urba- no, e supoñemos que todos os topónimos O Caramuxo vigueses, coma outros paralelos doutras áreas (no Río de Xaneiro hai unha barriada chamada O Caramujo ), han de ter a mesma orixe, e esta posiblemente non ten nada que ver coa venda do molusco. En castelán existe caramanchón e camaranchón co significado de faiado ou de dependencia onde se almacenan cousas de pouco uso ou inservibles. No pasado este termo designaba tamén un cuberto, alboio, alpendre ou calquera construción destinada a diferentes usos, pero que non vale para vivenda. No capítulo do Quixote onde se nos conta o que lle sucedeu «en la venta que él imaginaba ser castillo» ao enxeñoso fidalgo fixéronlle cama nun caramanchón :

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1