Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 63 Cantón O Carreiro do Cantón era o nome antigo dunha parte da vía pública chamada hoxe o camiño do Pombal, na Pena, segundo os informantes, que tamén denominan Regato do Cantón ao pequeno curso fluvial que discorre por ese lugar. Toman o seu nome dunha propiedade situada á beira do camiño, chamada O Cantón . Estes topónimos conteñen o substantivo común cantón , derivado de canto ‘esquina, recanto, cu- rruncho’, un termo procedente do latín CANTUM , mais nesa lingua era probablemente un préstamo de orixe céltica. Con todo, dado o empre- go de Cantón como apelido, debemos admitir tamén a posibilidade de que se trate dun topónimo de propietario. Cañoteira, Cañotal Os dicionarios galegos recollen para os substantivos cañoto , cañota significados como ‘talo da verza, do millo e doutros vexetais’ e ‘toco, parte do tronco ou do talo que queda pegada á raíz despois de cortar unha planta ou unha árbore’. Se como supoñen algúns autores son derivados do latín CANNA ‘cana’, entón eses substantivos serían caste- lanismos en galego, pois o - NN - latino dá <ñ> en castelán mentres que en galego daría <n> ( caña / cana ) e esperariamos *canota . Mais esa etimoloxía é dubidosa, pois a diferenza do que acontece con cañota en castelán, onde é palabra de uso moi restrinxido e cun significado moi específico (segundo o dicionario académico, é unicamente o nome dunha especie concreta de planta gramínea), en Galicia ten enorme arraigamento desde tempos moi recuados, con abundante presenza na toponimia menor e tamén na dos núcleos de poboación (o No- menclátor de Galicia recolle quince aldeas denominadas A Cañota, As Cañotas, O Cañotal, A Cañoteira ...). Documéntanse o uso de Da Cañota como sobrenome a comezos do século XIV nun «Fernan Do- minguez dito da Cañota, cidadao de Santiago (ano 1320)». Na topo- nimia de Beade está presente un derivado co sufixo eira no Camiño das Cañoteiras , na estrada da Venda, hoxe denominado oficialmente camiño do Torreiro . Outro derivado co sufixo correspondente ao latín - ALEM , en plural, está presente no Camiño dos Cañotais , que atravesa a estrema con Matamá, e mais nunha área de coutadas de arboredo
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1