Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 62 Canóniga, A Coñécese como A Canóniga unha área próxima á Volta do Can Grande e ao camiño dos Muiñeiros, en Babio. A construción do vial da Universidade (hoxe estrada de Clara Campoamor) ao seu paso por Ba- bio fixo desaparecer un muíño tamén denominado o Muíño da Canó- niga . Igual ca outros topónimos de Beade, a forma feminina ten valor adxectivo e fai referencia a un propietario, isto é, A Canóniga equivale a ‘A (propiedade) de Canónigo’. En documentos dos séculos XVII e XVIII rexístrase en Beade unha familia que leva o sobrenome ou o apelido de Canónigo , que sen dúbida está na orixe destes topónimos actuais. Ca- nónigo é o nome castelán do cóengo ou membro dun cabido catedra- licio. Como no Antigo Réxime exercían señorío na parroquia de Beade o bispo e o cabido de Tui, é verosímil que se lle aplicase o sobrenome de Canónigo á persoa que se ocupaba dos intereses do cabido tudense na parroquia. Canteira, Canteiras Xa fixemos referencia noutros apartados á importancia que tiveron as canteiras e a extracción e o transporte de pedra na vida económica de Beade e das parroquias veciñas no pasado. Segundo informa o cro- nista J. Espinosa, no século XIX , ao son do acelerado crecemento urba- no deVigo, eran moitos os veciños das parroquias das inmediacións de Castrelos, entre elas a de Beade, que se dedicaban ao carrexo de pedra extraída nas canteiras da zona, nomeadamente as de Porto Loureiro. O topónimo A Canteira do Ramiso daba nome a unha antiga cantei- ra, hoxe inexistente, e contén no seu segundo elemento un sobrenome de propietario, mais descoñecemos a orixe e o significado deste sobre- nome. Quizais é unha alteración de Rabiso , un topónimo da parroquia de Sárdoma, que puido aplicarse como sobrenome a alguén orixinario ou veciño dese lugar. Nas terras denominadas As Canteiras , entre a rúa da Cavada e o río de Eifonso, na estrema con Bembrive, non hai vestixios aparentes de canteiras, polo que debemos supoñer que o seu nome ou ben deriva dun sobrenome de propietario ou ben é derivado de canto , coma o seguinte topónimo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1