Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 61 Canicouva Canicouva é unha variante de Canicova , un nome composto, corres- pondente ao latín CANALEM COVAM , que designou camiños afundidos ou que discorrían nun plano inferior ao das súas marxes. Na toponimia de Beade está presente nos topónimos Camiño da Canicouva (en Babio, ramal da rúa Ramiro Pascual) e a Canicouva do Ramón dos Pinos (un carreiro entre a estrada da Venda e o camiño do Ramón dos Pinos). Algúns informantes tamén empregan o nome da Canicouva como de- nominación alternativa do camiño de Rosalía, en Babio. Coma noutros casos, non podemos desbotar a posibilidade de que algún dos topóni- mos en que está presente esta forma teña orixe nun alcume de propieta- rio, acaso orixinario dalgún lugar con ese nome. A Canicouva é tamén o nome dunha parroquia do concello de Pontevedra. Co resultado sen ditongo, A Canicova , hai dúas aldeas na Ulla, no concello de Vedra, que deron orixe ao apelido habitualmente escrito como Canicoba , cun B no canto do V etimolóxico. Canizo A Cruz do Canizo é o nome da área situada no encontro da rúa do Falcoído co camiño de Gualdino, no Porto. Canizo (< latín CANNITIUM , un derivado de CANNA ‘cana’), que na fala de Beade se escoita como ca- niso , con seseo, é unha denominación local dos hórreos. O topónimo puido facer referencia a algún caniso dos arredores, mais non dispoñe- mos de información que o confirme, polo que debemos admitir tamén a posibilidade de que aquí fose en orixe un apelido ou un sobrenome de propietario. Cano Era coñecida como o Cano da Rica unha pequena fonte na Costa da Gándara. Contén o substantivo común cano (< lat. CANNUM ), que desig- na o conduto que verte a auga.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1