Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 60 Canalla Canalla (< lat. CANALIAM ) é un substantivo e adxectivo común ao ga- lego, castelán e portugués. En orixe é un derivado de can . Do seu uso como alcume persoal ou familiar temos constancia no topónimo O Campo do Canalla , nome dunha propiedade privada na rúa do Seixo, onda o camiño do Corcho, no barrio de Saa. A mesma orixe ha de ter o topónimo O Camiño da Canalla , denominación alternativa do camiño da Pousa, no Porto. Candea, A Conécese como A Candea un conxunto de casas e de terreos que estreman coa rúa da Lagoa e a rúa de Saa. Contén o substantivo común galego candea , que en última instancia remonta ao verbo latino CANDERE ‘arder’. Candea pode significar ‘materia vexetal seca para prender lume no forno ou na lareira’, ‘amentos do castiñeiro, empregados como com- bustible’ e tamén ‘vela, cilindro de cera con mecha que se emprega na iluminación’. Dado que no libro do Real de Eclesiásticos do Catastro de Ensenada (1752) aparece La Candea como propiedade «de la Fábrica de la Iglesia Parroquial de esta feligresía», supoñemos que o topónimo se debe a que o produto ou as rendas desta propiedade se destinaban á provisión de candeas para a igrexa parroquial. Canastreiros, A dos É coñecida como A dos Canastreiros unha propiedade edificada na rúa de Ramiro Pascual, por detrás do camiño das Presiñas, en Babio. Coma outros que responden ao esquema a + de + nome persoal , é un topónimo de propietario, neste caso formado cun sobrenome familiar. Canastreiro pode ser derivado de canastra ‘cesto, canasta’, acaso apli- cado a quen tiña por oficio facer canastras de cana ou vimbio, ou ben derivado de canastro , unha das denominacións comúns dos hórreos na zona. Canastra e canastro son derivados de cana (< latín CANNA ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1