Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 59 o campo + adxectivo ou o campo de seguido dun segundo elemento. Para a explicación etimolóxica destes segundos elementos remitimos á entrada correspondente. Velaquí unha enumeración dos topónimos que conteñen o substantivo campo : o Campo da Mina (á beira do ca- miño da Brea), o Campo da Pena (no ángulo que forma o camiño do Castañal co camiño do Pombal), o Campo da Viña (no actual camiño do Xestal, na Gándara), o Campo de Fóra (no camiño da Boavista), o Campo do Canalla (na rúa do Seixo, en Saa), o Campo do Corno (na Coutada), o Campo do Medio (entre As Granxas e o Roupeiro, na rúa de Saa), o Campo do Renco (na rúa da Cavada), o Campo dos Francis- canos (no Porto), o Campo Grande (no camiño da Pedra, en Abalde), o Campo Grande (á beira do camiño da Brea, en Saa), o Campo Grande ou os Campos Grandes (entre o río de Babio e a estrada de Clara Cam- poamor, fronte aos muíños de Babio), o Campo Grande (no camiño dos Marzos), o Campo Novo (nas Vesadas), o Campo Pequeno ou As Cara- lladas (no Campo Grande de Saa), os Campos da Pena (á beira do ca- miño da Pena), os Campos das Viñas (no camiño da Pena), os Campos de Abaixo (en Babio), outros Campos de Abaixo (en Babio), os Campos de Abaixo (no Porto), os Campos de Alén (na Coutada), os Campos do Larín (no Carballo do Pazo), os Campos do Medio (na Gándara) e os Campos Longos (en Babio). Can Grande, O É coñecida co nome de O Can Grande unha propiedade na con- fluencia da rúa das Chabarras coa rúa de Ramiro Pascual, ao tempo que a pronunciada curva desta última nese mesmo lugar é coñecida co nome da Volta do Can Grande . Descoñecemos a motivación deste topónimo, aínda que os informantes, interpretándoo literalmente, cren que fai referencia a un can que existiu nunha das propiedades do lu- gar. Non se rexistra na documentación escrita nin podemos confirmar esa interpretación. Dado o carácter átono e monosilábico do elemen- to que precede o adxectivo grande , podería tratarse dunha alteración doutro substantivo, por exemplo Calgrande (< CANALEM GRANDEM ). AVol- ta do Can Grande ten como denominación alternativa a de Volta da Camila .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1