Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 58 Campaza, Campaceira Os dicionarios galegos recollen os substantivos campaza, campazo , derivados de campo , co significado de ‘lugar no monte onde medra a herba de maneira espontánea’ ou ‘prado de secaño’. Un derivado me- diante o sufixo - eira deu orixe aos topónimos As Campaceiras , terras de arboredo próximas ao río de Babio, e mais o Camiño das Campaceiras , que toma o seu nome do nome desas terras. Campaneiro O Camiño de Campaneiro é unha vía pública na Pena e no parque forestal de Beade, que en trazado sinuoso vai desde as proximidades da autoestrada ata o campus universitario. O topónimo ten a súa orixe no nome do lugar denominado a Casa de Campaneiro ou a Casa de Do- nata de Campaneiro (ou máis comunmente a Casa Donata Campanei- ro ), situada na Pena, onda a zona denominada As Parcelas do Monte. Recibe o seu nome dun propietario alcumado Campaneiro , talvez por relación ao seu oficio. Segundo os informantes, Donata é o nome da filla de Campaneiro, que sucedeu o seu pai na propiedade. Campelos, Os Os Campelos é o nome dunhas terras de labor situadas ao comezo da Costa da Gándara. Campelo é un derivado de campo co sufixo di- minutivo - elo (< latín - ELLUM ). Neste caso é probable que o topónimo proceda dun apelido idéntico, «De Campelos», que se rexistra en Bea- de na documentación das Franciscanas de Vigo dos séculos XVII e XVIII . No Libro de apuntes para cuentas dos anos 1689-1691, dous foreiros chamados Andrés de Campelos e Domingos da Vila páganlle a ese con- vento dous ducados e medio anuais por unhas terras en Beade. Campo O substantivo común campo é denominación xenérica de ‘terra culti- vada’ e está presente en numerosos topónimos compostos coa estrutura

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1