Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 57 Torreiro D’abaixo, Camiño Torreiro D’arriba, Camiño Treiscas (na rotulación viaria: Treístas ; se- gundo a xente: Feixas ), Camiño Vello (Carballo do Pazo). A estes debemos engadir outras denominacións non oficiais: Camiño das Fanchonas (Abalde), Camiño das Veigas do Muíño (Abalde), Camiño das Canteiras (Abalde), Camiño da Garula (Abalde), Camiño da Fonte da Vila (O Carballo do Pazo), Camiño de Señor Diego (é como chamaban os veciños o actual Camiño da Latiña, no rótulo «Camiño A Latiña», no Carballo do Pazo), Camiño de Guillermo de Seudores (nome alternativo do Camiño da Barxa de Arriba, no Carballo do Pazo), Camiño da Forgueira (O Carballo do Pazo), Canicouva do Ramón dos Pinos (nome alternativo do Camiño da Castiñeira, no Carballo do Pazo), Camiño da Cachada ou Camiño dos Regueiriños (na estrada dos Seixiños), Camiño do Regueiro (alterna- tivo do Camiño de Alén), Camiño da Serra (na estrada da Coutada), Camiño dos Carrexóns ou da Carrexona (alternativo do Camiño dos Muiñeiros), Catro Camiños, Camiño dos Pazos (camiño de servizo en Babio), Camiño dos Cruceiros (o actual Camiño da Quinta), Camiño da Canalla (nome alternativo para o Camiño da Pousa), Camiño das Cañoteiras (nome tradicional dun dos dous ca- miños que hoxe chaman Camiño do Torreiro; o primeiro se imos en dirección ao Porto), Camiño de Agapito, Camiño da Viña Vella (na Gándara), Camiño da Morena (na Gándara), Camiño Vello (na Gándara), Camiño do Monte e Camiño da Guardiana (nome alternativo para o Camiño da Pedra, que no rótulo figura erradamente como «Camiño das Pedras», en plural). Nas denominacións destes camiños, atendendo á estrutura do topó- nimo, constitúen unha excepción Catro Camiños , onde o substantivo vai acompañado dun numeral (véxase Cruz, Cruceiro ), e os que conte- ñen un adxectivo: o Camiño Vello e mais o Camiño Real . Este último é o nome dunha vía pública nas inmediacións do institu- to de bacharelato de Beade, onde camiño forma o composto co adxec- tivo real (do latín REGALEM ‘do rei’). Camiño real era o nome que recibían no Antigo Réxime, ata o século XIX , os camiños principais da rede viaria oficial. Viña sendo sinónimo de brea ou verea , ou de estrada cando era empedrado. O nome do Camiño Real fai aquí referencia á vía desde Vigo e Bouzas a Tui por Castrelos, que tamén aparece co nome de Es- trada Real na documentación histórica. Parece que tamén houbo neste caso un desprazamento do topónimo, quizais porque esta vía tomou o nome das terras inmediatas á encrucillada onde conflúe coa estrada do Seixo, pois cremos que é esta, a estrada do Seixo, a que segue o trazado do antigo camiño real ou estrada real, que continuaba cara a Castrelos por Porto Loureiro.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1