Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 55 brava. Neste último significado reside a motivación deste topónimo de Beade, pois segundo información da propietaria dos terreos, alí medra- ban os cagoteiros, as árbores que dan cagotes . Calzo O Calzo do Seixo era o nome que recibía un pasal de pedras que salvaba o regato na parte alta da estrada dos Seixiños, á altura das cou- tadas chamadas A Cachada, na Pena. Calzo é un substantivo emparen- tado co verbo calzar (< latín CALCEARE ) e o substantivo calzada ‘camiño empedrado’. Camila Camila é a forma feminina correspondente a Camilo , un nome per- soal de orixe latina ou etrusca (< C AMILLUM ), divulgado a partir do sécu- lo XVII co culto ao italiano san Camilo (it. Camillo ). Parece conter este nome feminino o segundo elemento do topónimo a Volta da Camila , mais tamén cabe a posibilidade de que se trate dun exemplo máis de feminino en función adxectiva formado a partir dun nome masculino de propietario (A Camila = A [propiedade] de Camilo). Camiños A denominación oficial das vías públicas dun medio rural coma o de Beade, sometido á presión expansiva de Vigo, resulta problemático pola falta de correspondencia entre as novas realidades urbanas e os es- pazos tradicionais. Os informantes entrevistados no traballo de campo, nativos da parroquia, quéixanse con frecuencia dos erros da rotulación municipal por causa de confusións ou desprazamentos de topónimos e insisten en distinguir a denominacion de sempre e a considerada ofi- cial , segundo indicamos en cada caso. No nomenclátor municipal de Vigo, e en consecuencia na rotulación das vías públicas, paralelamente ao común rúa , empregado nas de traza urbana, emprégase o xenérico camiño para vías estreitas de rango inferior, que foron non hai moito ca- miños rurais de terra, asfaltados nas últimas décadas mais que polo seu
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1