Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 54 barro’. É probable que en orixe se aplicase a alguén que exercía o oficio de oleiro (compárese con ferrón ‘ferreiro’, co mesmo sufixo). O apelido ten o seu foco de expansión nos concellos de Arzúa e Boimorto, na Galicia central, onde aínda presenta hoxe a maior densidade. Na topo- nimia da parroquia de Beade, A de Cacharrón é o nome dunha propie- dade edificada no espazo tradicionalmente coñecido como o Largo das Presas, inmediato á ponte das Presas, na Pena. Cachumbo, Os de Recibe o nome de Os de Cachumbo unha propiedade edificada na rúa das Chabarras, en Babio. Non sabemos se este sobrenome ten al- gunha relación co substantivo masculino cachumbo que os dicionarios galegos recollen como termo do léxico artesanal de teceláns e tecedei- ras, co significado de «pedazo de carozo de espiga que se axusta na roca para enrolar arredor del a la que se vai fiar» (Elixio Rivas, Fram- pas II, DdD). Un cantar popular recollido no século XVIII polo Padre Sobreira di: «Algún día era de prata, / agora só de cachumbo, / con eso saberás nena, / as voltas que dá o mundo». Cachizos, Os Os Cachizos é o nome dunha propiedade edificada entre o camiño das Presiñas e a rúa do Seixo, en Babio. Aínda que o substantivo cachi- zo ten diferentes significados en galego que puideron suscitar o seu uso como alcume ou sobrenome, cremos máis verosímil que o topónimo sexa un derivado de cacho ‘pedazo’, relacionado con cachizas e esca- chizar ‘partir en fragmentos pequenos’, aplicado a propiedades máis extensas que foron divididas ou fragmentadas. Cagoteiro, O O Cagoteiro é o nome dun terreo no Caramuxo, no barrio do Porto. É un derivado do substantivo cagote , algunha de cuxas acepcións pode dar orixe a topónimos. Nunha delas, cagote é sinónimo de cágado , cu- llarapo ‘cría das ras’, pero tamén se emprega para designar as pequenas froitas non comestibles de diferentes árbores silvestres, coma a pereira
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1