Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 53 Bugallos, Os Os Bugallos era o nome duns terreos con arboredo por detrás da Bouza, en Babio, na actualidade desaparecidos coas obras de constru- ción do novo hospital de Vigo. O bugallo é en galego ‘a excrecencia do carballo’ e o topónimo podería facer referencia a un lugar de carballos caracterizado pola abundancia de bugallos; con todo, e dado que os to- pónimos que conteñen ese significado adoitan ser derivados colectivos ( Bugallal, Bugalleira ...), cremos máis verosímil que o topónimo conteña un alcume ou un apelido de propietario Bugallo . Crese que o emprego de bugallo como sobrenome, posteriormente consolidado como apeli- do, ten relación coa forma esférica dos bugallos e aplicaríase a persoas fortes e pequenas de estatura. Cabalaria ▶ Pedra, Pedra cabalaria Cabra, Cabreiro Era coñecida como O Cabreiro unha área situada detrás do mon- te da Venda, onde na actualidade se levanta o parque tecnolóxico. O nome é un derivado común de cabra , aínda que non podemos saber se está motivado pola presenza de cabras no lugar (coma o nome da parroquia de Cabral ) ou se é debido a un propietario coñecido con ese sobrenome. Denomínanse A da Cabra ou a Finca da Cabra uns terreos situados por debaixo do aparcadoiro da asociación de veciños, no barrio da Coutada. Con eles consérvanse as ruínas dun antigo forno de pan co- ñecido como o Forno da Cabra . Segundo os informantes, reciben esa denominación polo alcume ou sobrenome da familia propietaria. Cachada ▶ Cavada Cacharrón, A de Cacharrón é un apelido galego procedente dun sobrenome persoal formado a partir do común cacharro ‘recipiente, especialmente de

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1