Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 52 xa se coñecía en 1752 co mesmo nome de hoxe e formaba parte das propiedades comunais da parroquia, segundo consta no Catastro de Ensenada: «monte das Bombas, asiento del común». Borralleiros, Os O nome dos campos chamados Os Borralleiros e o Rego dos Bo- rralleiros , situados á beira das Ribas (véxase), entre A Coutada e Abal- de, son derivados de borralla . Nunha das súas acepcións, borralla é sinónimo de cinza , polo que puido aplicarse a eses campos debido ao seu emprego como fertilizante agrícola. Mais borralla tamén puido empregarse como sinónimo de borra ‘depósito, pouso’, en referencia aos materiais de aluvión arrastrados por unha corrente fluvial e depo- sitados nas súas beiras, que tamén se aproveitaban como fertilizantes. Con todo, tampouco podemos desbotar a posibilidade de que o topó- nimo se formase, igual ca noutros nomes de propiedades agrícolas da parroquia, a partir dun sobrenome persoal ou de familia, en calquera caso derivado do substantivo común borralla . Bouza, A Recibían a denominación de A Bouza uns terreos situados por de- trás do camiño do Norberto, en Babio, hoxe desaparecidos por mor da construción do novo hospital. Conteñen o substantivo galego bouza (< * BAUTTIA ), palabra de orixe prerromana que designa terras bravas con vexetación de arbustos e monte baixo. O mesmo substantivo estaba presente na Fonte da Bouza ou Lavadouro da Bouza , nome dunha fonte privada situada no mesmo sitio. Brea, A Brea e Verea son os resultados galegos do latín VEREDA ‘camiño an- cho, que permite o paso de carruaxes’. Na toponimia de Beade está presente en A Brea ou As Breas (terras situadas na zona noreste de Saa, entre o camiño da Brea, a rúa da Lagoa, a rúa de Saa e o camiño ás Relfas) e o Camiño da Brea (vía pública á beira do precedente). O nome do camiño da Brea podería interpretarse como unha forma toponímica redundante, dado que brea, verea xa significa ‘camiño’.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1