Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 51 recente. Segundo os informantes, Bica é o alcume ou o sobrenome dunha veciña. Está tamén presente este nome persoal noutro topónimo próximo: o Lugar da Bica , propiedade na estrada da Venda, xusto antes da primeira curva indo en dirección ao Porto. Descoñecemos a motiva- ción deste sobrenome. Boavista, A A Boavista é un nome de forma e de significado transparentes, com- posto polo adxectivo boa e o substantivo vista , que vén sendo o partici- pio do verbo ver . Fai referencia á panorámica que ofrece o lugar, situa- do nun alto. En Beade temos este nome en dous topónimos: A Boavista (zona de terras de labor e arboredo no barrio da Pena, entre As Piñeiras e a estrada de Seixiños) e o Camiño da Boavista (vía pública na mesma localización). Rexístrase no Catastro de Ensenada coa forma castelá ou castelanizada: «sitio de Buenabista», «Buenavista». Boca A Boca da Parede é o nome dunha área ao final do camiño da Boa- vista, nun tramo de propiedade privada, xusto antes de nos internar no monte. Contén o substantivo boca (< latín BUCCA ) ‘paso de entrada ou saída’, quizais pola súa localización no final das terras amansadas e o inicio do monte bravo. Non sabemos se a parede (< latín PARIETEM ) fai referencia ao desnivel do terreo ou se conserva alusión a algunha ruína ou pardiñeiro no lugar. Bombas, As Coñécense como As Bombas unhas coutadas á esquerda da estra- da dos Seixiños en dirección sur, á altura do tamén chamado camiño dos Seixiños. Non sabemos cal dos significados do substantivo bom- ba puido motivar este topónimo. Quizais unha bomba ‘artefacto para extraer ou elevar auga’, ou quizais se deba a razóns acústicas, dada a proximidade dunha ladeira pedregosa de forte pendente onde as augas pluviais descenderían con forte ruído. En calquera dos casos, esa zona
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1