Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 50 de Beade e noutros topónimos semellantes sexa tamén un derivado que designa lugares abundantes en augas ou facilmente anegables. Belouro (Velouro) ▶ 09. Facho, O Bernaldo, Bernalda Bernaldo é un nome galego de orixe xermánica, de uso frecuente na Idade Media (foi o nome do célebre poeta do século XIII Bernaldo de Bonaval). Na documentación escrita deixa de rexistrarse este nome a partir do século XVI , pero na práctica seguiu vivo na fala, pois Bernaldo foi tradicionalmente a pronunciación popular do nome que nos papeis aparece como Bernardo . Está presente na toponimia de Beade no nome dunhas coutadas chamadas as Coutadas daVolta Bernaldo ou as Couta- das daVolta Bernalda , na rúa de Abalde, estremando co camiño de Cas- marcelo. Toman o seu nome dunha curva ou volta do camiño, chamada así mesmo a Volta Bernaldo ou a Volta Bernalda . A denominación al- ternativa, co nome persoal en masculino e en feminino, ilustra dun pro- cedemento habitual de formación dos nomes das propiedades agrícolas en Beade, cun feminino que funciona como un adxectivo de posesor, concordando cun substantivo feminino (volta, presa, coutada...) ou con este substantivo elidido: A Mengana = A de Mengano. Neste caso con- viven as dúas denominacións: a Volta (de) Bernaldo e a Volta Bernalda . Bertolo, A do A do Bertolo é o nome unha propiedade na volta da rúa das Cha- barras, contigua da chamada Os de Cachumbo , en Babio. Contén un nome de propietario Bertolo , forma apocopada de Bertolomeu . Besada (Vesada) ▶ Cavada Bica, A O Monte da Bica é unha denominación alternativa de O Outeiro, o monte onde está situado na actualidade o instituto de Beade, na estrema coa parroquia de Castrelos. Parece un topónimo de creación

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1