Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 49 O que con seguridade non tivo orixe nos sucesos de 1809 é o topó- nimo A Batalla , pois o sitio xa viña recibindo esa denominación desde moito tempo atrás. Atopámolo reiteradamente citado en 1752 no Ca- tastro de Ensenada: «donde nombran de la Batalla», «sitio da Batalla», «otra donde nombran da Batalla», «donde nombran Batalla», «otra en el sitio da Batalla» etc. En ocasións aparece coa forma do plural: «del campo das Batallas, sito en el lugar de Dornelas». É ben coñecido o topónimo portugués A Batalha , que debe o seu nome ao mosteiro de Santa Maria da Vitória , tamén chamado mosteiro da Batalha , pois foi mandado erixir por João I de Portugal para conme- morar a vitoria sobre Castela na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385. Con todo, tamén é posible que algúns dos nomes en que está presente esta forma non garden relación co común batalla ‘combate’ e conteñan un homónimo de distinto significado, talvez derivado igual- mente do verbo bater (< latín medieval BATTERE < clásico BATTUERE ) ou quizais de orixe prerromana. Que unha batalla concreta dese orixe a un topónimo non nos debe levar a crer sen vacilación que todos os to- pónimos iguais deban ter orixe semellante. O Nomenclátor de Galicia actual recolle tres entidades de poboación con ese nome: A Batalla, lugar da parroquia de Beade, concello de Vigo (Pontevedra) A Batalla, lugar da parroquia de Lagartóns, concello da Estrada (Pontevedra) A Batalla, lugar da parroquia de San Pedro de Batalláns, As Neves (Pontevedra) Nótese o nome da parroquia deste último, veciña doutra parroquia chamada Batalláns (Santa Eulalia) , no mesmo concello das Neves. Son paralelos doutros dous Batallás nas parroquias ourensás de Madarnás (O Carballiño) e Astureses (Borborás). En Portugal, ademais dos menciona- dos vila e mosteiro da Batalha, hai outras cinco localidades chamadas (A) Batalha . En Galicia rexístranse desde a Idade Media, usadas como sobrenome e apelido, as formas Batalla e Batallán , e esta última é a que explica os referidos topónimos Batallás e Batalláns . Pero na toponimia galega hai, ademais, outros topónimos aparentemente emparentados co verbo bater ( O Batalo, Batoco, A Batoca, Baturro, Batundeira etc.) que poden botar luz sobre posibles significados do termo batalla distintos do que o fai sinónimo de combate . Elixio Rivas recolle en Ourense para batoca o significado de ‘lugar ou terreo pantanoso’. Tamén fai referencia á abundancia de auga o substantivo bátega ‘arroiada, augaceiro’, polo que consideramos moi probable que a batalla presente na toponimia
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1