Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 48 Pero colleu un machado Cachamuiña e empezou a derribar con outros a porta. Esdentonces ca- pitularon. Entramos dentro, sacouselles todo e entregaronse ò Ingrés. Pero o chiste foi que biñan 400 mui frescos de Tui para reforzar os de Vigo, e pegamos con eles, desorte que tamen caeron; mais dempois foron os nosos a darlles tentatibas a Tuy que si non fuxiran os que ali abia para Portugal tamen caian. Non quero decirche nada da nosa fachenda e entusiasmo, e moito mais desde que o Ingrés nos dou armas e municions e se empezaron a facer Reximentos (X. Fernández Neira, Proezas de Galicia, 1810). Algúns dos combates e das escaramuzas contra eses 400 mui frescos libráronse en termos da parroquia de Beade. No libro Tierra de Fragoso (Notas para la historia deVigo y su comarca) , de José Espinosa, publica- do en 1949, no breve capítulo que dedica a Beade pódese ler: En un libro de defunciones hállanse unhas notas referentes a la muerte de tres vecinos de esta parroquia [Beade], ocasionada por los franceses en el día 28 de marzo de 1809, en términos de la de Castrelos, donde fueron sepultados. En la misma página dice que en ese mismo día se entrega- ron los franceses y la columna que venía en su socorro fue sepultada en gran parte en Fuentefría. Debemos sinalar que se trabuca Espinosa cando di que os mortos eran de Beade e morreran en Castrelos, pois é ao contrario, e por iso foron enterrados no cemiterio da súa freguesía; en Beade é onde tivo lu- gar o enfrontamento que lles causou a morte. O propio Espinosa trans- cribe parte das mencionadas notas do libro de defuncións de Castrelos no capítulo dedicado a esa parroquia, e por elas sabemos o nome de dous deses veciños: En la iglesia parroquial de Santa María de Castrelos, el día veinte y ocho de Marzo del año de mil ochocientos y nuebe, yo Don Ramón Álvarez, Cura Párroco y Prior de ella, asistí a dar sepultura eclesiástica al cadáver de Benito Fernandez que lo mataron los franceses en este mismo día un refuerzo que benía contra los paisanos que le tenían echo el cerco a los que estaban en Vigo (...). Resibió el Sacramento de la Penitencia y no el de la Comunión ni Extremaunción, por no haber tiempo para mas. Para que conste lo firmo - Ramon Alvarez.» «En la iglesia parroquial de Santa María de Castrelos, el día veinte y ocho de Marzo del año de mil ochocientos y nuebe, yo Don Ramón Alvarez, Cura párroco y Prior de ella, asistí a dar sepul- tura eclesiástica al cadáver de Domingo Rodriguez, tambien muerto por los franceses por los mismos motivos que la antecedente; no recibió Sacramento alguno por quedar muerto repentino, no se hizo el yntierro ni funcion alguna, y para que conste lo firmo - Ramon Alvarez. Doutra das vítimas daqueles días, dona María Ignacia Montenegro, falamos ao tratar do topónimo Marinasia .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1