Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 47 que contén o plural dun apelido Bastero . Este apelido foi en orixe un sobrenome de oficio, pois basteiro (e en castelán bastero ) era o ‘fabri- cante de bastos , isto é, de albardas, arreos e aparellos para as cabala- rías’. Mentres a forma común deste apelido noutras áreas de Galicia é a galega Basteiro , a variante Bastero só ten presenza significativa no concello de Vigo e supoñemos que é o resultado da castelanización dun Basteiro orixinario. Batalla, A É coñecida como A Batalla unha área de terras de labor ao oeste da parte alta do camiño do Cu da Viña, e dela toma o seu nome o Camiño da Batalla . Algúns informantes din ter escoitado que o topónimo fai referencia a unha batalla que libraron os veciños da parroquia contra o exército francés en 1809, nos días da Reconquista de Vigo. Non pode ser esa a razón do topónimo, pois este xa se rexistra no Catastro de Ensenada, no século XVIII , e é probable que non teña relación co subs- tantivo común batalla . É certo que o mesmo día da Reconquista de Vigo, o 28 de marzo de 1809, houbo en Beade, ou nos seus arredores, celadas e asaltos levados a cabo polos paisanos destas terras, nalgúns casos con reforzos enviados por Morillo e Cachamuíña despois da toma da cidade, contra as tropas que o exército francés mandaba desde Tui por vías diferentes para socorrer os seus compatriotas asediados en Vigo, ignorando que estes xa capitularan esa mesma mañá. Dalgunhas accións concretas, como a librada en Fontefría e nas paraxes veciñas da estrema entre as parroquias de Beade e Zamáns, temos información máis ou menos detallada na obra de historiadores e doutros estudosos. Reproducimos aquí un fragmento dun simpático libriño que se publicou ao ano se- guinte deses feitos co título de Proezas de Galicia (1810), obra do co- ruñés Xosé Fernández Neira. É o primeiro libro impreso en galego no século XIX . Un personaxe refire deste xeito os sucesos daquel día en Vigo e no val de Fragoso: e todos xuntos, alegres coma cucos, guiados por Cachamoiña, Munin e outros particulares e cre- gos, tomamosche o camiño de Vigo, donde abia outros tantos gabachos (...), e asi que eles biron tal caterba de xente, encerraronse dentro, que non lles faltaba mais que poñela nos calzós (xa ti me entendes) con todo apesar de que se lles entimou a rendicion, non quixeron sinon facer fogo.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1