Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 46 forma alternativa aínda ten maior representación na toponimia, pois hai en Galicia cerca de corenta entidades con ese nome ou derivados ( Barcia, Barciademera, Barciela etc.). En Portugal os topónimos equiva- lentes ( Várzea, Varzielas, Varzinha ) sobrepasan moito o centenar e ta- mén está presente en Castela-León, Asturias e Cantabria coa forma bár- cena . Malia a abundante presenza na toponimia, os substantivos barxa e barcia , igual ca os seus correspondentes en castelán ou en portugués, deixaron de ter uso na fala. Nalgúns dicionarios galegos figuran barcia e barxa como nomes comúns, mais o significado que se lles atribúe vén dado polas características dos lugares designados polos topónimos correspondentes, de aí que se supoña que unha barxa ou barcia é un terreo cultivable e con auga abundante por atoparse á beira dun curso fluvial. Barcia e barxa son palabras de orixe prerromana. Téñense rela- cionado co vasco ibar , que significa ‘veiga, beira do río’, mais Edelmiro Bascuas e outros autores propoñen unha raíz hidronímica indoeuropea VAR -, da cal derivarían estes topónimos e outros como Varedo, Bares (Estaca de) e semellantes (véxase 04. As Barallas), ademais dalgunhas formas do léxico común como beira ‘ribeira, bordo’. Na toponimia de Beade temos o nome Barxa nos seguintes topónimos: A Barxa (área habitada, inclúe os núcleos de A Barxa de Arriba e A Barxa de Abaixo ), A Barxa de Abaixo (núcleo habitado entre A Venda e O Porto, á beira da zona industrial), A Barxa de Arriba (terras de labor, cultivos entre O Porto e O Franco), o Camiño da Barxa (vía pública no mesmo lugar), As Barxas (terras de labor próximas á ponte do río de Eifonso, na Gánda- ra), As Barxas (terreos fronte á nave da estrada de Clara Campoamor), As Barxas (terras de labor no lugar da Barxa de Abaixo), o Regato da Barxa (pequeno curso fluvial no Porto), As Barxiñas (terras de labor en Abalde) e o Camiño das Barxiñas (un carreiro en Abalde). No Catastro de Ensenada (1752) figuran en singular algúns dos que hoxe presentan o substantivo en plural: «Sitio da Barja», «otra donde dicen Barja» «labradío en la Barja», «el Campo de la Barja», «Camiño da Barxa», «Camiño da Barja», «en el regato de avajo (…) en la Barja», «una pieza a la Barxiña», «sitio da Barxiña». Basteros, Os Unha propiedade edificada ao final do camiño das Presiñas, en Ba- bio, é coñecida co nome de Os Basteros . É un topónimo de propietario,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1