Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 45 Os Barros ou A dos Barros é un grupo de casas situadas no Seixo. Delas toma o seu nome o Camiño dos Barros . Neste caso o topónimo quizais non fai referencia á constitución do terreo, pois a denomina- ción A dos Barros inclínanos a interpretar Barros como un apelido de propietario. Outro tanto se pode dicir do topónimo Os Barreiros , nome dunha propiedade edificada ao final do camiño das Presiñas, que su- poñemos o plural dun apelido Barreiro , á súa vez apelido toponímico (que no val de Fragoso ten un dos seus focos de orixe no lugar de Barreiro, en Lavadores). O apelido Barreiro rexístrase na parroquia de Beade desde hai séculos. Na documentación de San Domingos de Pon- tevedra consta que no ano 1638 o convento aforou a Domingo Biéitez e a Rodrigo Barreiro as súas propiedades do lugar do Carballo do Pazo. Baruxáns A Baruxán ou As Baruxáns son as denominacións alternativas dun- has terras situadas entre o camiño da Barxa de Arriba e o segundo cinto de circunvalación, que discorre por parte delas. Estes nomes teñen pa- ralelo no nome dun núcleo da parroquia de Bembrive denominado Ba- ruxáns , que tamén alterna coa variante singular Baruxán, probablemen- te a forma orixinaria, como vimos noutros topónimos onde se produce a mesma alternancia entre singular e plural (véxase Figueiró / Figueirós ). Non sabemos se se trata de topónimos independentes ou se foi esa lo- calidade de Bembrive a que motivou o nome destas terras de Beade, acaso chamadas así por seren orixinarios ou veciños de Baruxán(s) os seus propietarios nalgún momento do pasado. Baruxán é un topónimo escuro; podería ser un derivado da mesma raíz hidronímica indoeuro- pea VAR - que vemos ao tratarmos os topónimos As Barallas e As Barxas . Barxa, A O Nomenclátor de Galicia recolle máis de trinta entidades de po- boación chamadas Barxa e derivados ( Barxiña, Barxela etc.), que teñen paralelo en portugués en topónimos como Varge, Vargem ou Vargelas . Na documentación medieval en latín aparecen rexistrados como Bar- gena ou, máis frecuentemente, Vargena . Barxa ten unha variante Barcia , que a documentación en latín rexistra como Barcena ou Varcena . Esta
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1