Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 44 topónimo derivado dun nome persoal ou apelido Aparicio , aquí en fe- minino con valor adxectivo (a Aparicia = ‘a de Aparicio’), coma noutros topónimos de propietario da parroquia. Ardemán, Ardemáns ▶ Rabela Asucada, A ▶ Cavada Atalaia (Talaíña, A) ▶ 09. Facho, O Atol, Tol ▶ 16. Presas, As Babio ▶ 03. Babio Barallas ▶ 04. Barallas, As Barranco Os dicionarios definen o substantivo masculino barranco como ‘descenso brusco e profundo do terreo’. É palabra de orixe prerromana, común ao galego, castelán e portugués. Na toponimia de Beade está presente nos nomes Barranco de Patuco e mais na Fonte do Barranco de Patuco , esta última como denominación alternativa da fonte coñeci- da tamén como a Fonte do Regueiro . O Barranco de Patuco era un des- nivel que había por debaixo da estrada da Coutada, fronte á Asociación Cultural, onde hoxe están construíndo o conservatorio. A veciñanza informou de que alí había un lavadoiro, que está atuído, e mais unha presa coñecida como a Presa do Barranco de Patuco ou a presa do Regueiro , xa que os campos que había a carón do barranco recibían o nome de O Regueiro ou O Regueiro de Abaixo . Barreira, Barreiro, Barros Barro é unha palabra de orixe prerromana, común ao galego, caste- lán e portugués. Temos un derivado barreira no topónimo o Camiño da Barreira , na Gándara. Nese camiño, unha casa e o seu terreo reciben tamén o nome de A da Barreira ou a Finca da Barreira .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1