Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 43 é probablemente un substantivo formado sobre o verbo alzar (< latín ALTIARE ), unha forma emparentada co adxectivo alto, alta , e posiblemen- te fai referencia á posición relativa do lugar, situado nunha elevación. Ameal ▶ Amieiro Amieiro, O Amieiro e variantes son denominacións galegas da árbore Alnus glu- tinosa ( aliso en castelán), que medra nas beiras do ríos. É un nome de orixe prerromana; deriva dunha raíz indoeuropea AM - que significaría ‘auga, río’ e que tamén deixa restos na toponimia (como en Amio e Amaía ou A Maía na toponimia galega, Amaya na toponimia caste- lá etc.). O nome do amieiro (< * AMENARIU ) significa, xa que logo, algo así como ‘árbore do río’ ou ‘árbore da auga’. Está presente nos topóni- mos O Amieiro (área habitada próxima ao camiño do Cu da Viña) e Os Amieiros (terras de labor onda o anterior). No Castastro de Ensenada aparece este topónimo coa forma do singular («situación do Amieiro», «en el Amieiro», «sitio do Amieiro»). No mesmo catastro recóllese na parroquia de Beade outro topónimo relativo á mesma árbore mediante o derivado colectivo ameal (< AMENALE ): «sitio do Ameal», «en el Ameal». Anguía, A Unha vía pública no Facho recibe oficialmente a denominación do Camiño da Anguía . Os informantes locais téñeno por topónimo recente, que só coñecen desde que se colocou a placa municipal, pois din que tanto ese camiño coma o veciño camiño de Sumata eran coñecidos co nome do núcleo: O Facho . Hoxe constitúen propiamente dous ramais do camiño do Facho. Este contén o nome da anguía (< latín ANGUILAM ), peixe teleósteo. Aparicia, A A Aparicia ou A Paricia é un nome alternativo da área tamén deno- minada As Carneiras , na estrema coa parroquia de Matamá. Semella un

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1