Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 42 ten subarrendadas a terceiros diferentes propiedades pertencentes a ese convento. Entre 1789 e 1811 paga o foro das mesmas propiedades un don Fernando de Alén , eclesiástico ( presbítero ), acaso fillo ou sobriño do anterior. É verosímil que en última instancia teña relación con estas persoas a motivación que fixou o apelido Alén na toponimia de Beade. Alonsos, A dos É coñecida como A dos Alonsos unha coutada no lugar das Presiñas, en Babio, a carón da cal se atopa a Fonte das Presiñas . Coma outros topónimos constituídos pola estrutura a + de + nome persoal , contén o nome, o apelido ou o alcume da familia propietaria. O apelido Alonso ten presenza moi significativa na Galicia meri- dional e acada a súa maior densidade nos concellos situados entre a ría de Vigo e a raia con Portugal. É o resultado da castelanización do antigo Afonso , que na Idade Media xa era moi abundante en ambas as beiras do Miño e segue a selo no Minho portugués, especialmente nos territorios que pertencían á diocese de Tui. Os Afonso de Galicia a partir do século XVI foron castelanizados como Alonso , porque esa era daquela a forma castelá correspondente ao galego Afonso e ao castelán medieval Alfonso (desta sorte, ata o último terzo do século XIX , nos li- bros de historia de España escritos en castelán o nome do rei Sabio era Alonso X ). Esta castelanización dos Afonso galegos non se consolidou ata a creación do Rexistro Civil na década de 1870, pois aínda que na documentación escrita adoita aparecer case sempre a forma Alonso , en rexistros informais atopamos exemplos abondos de Afonso , que sen dúbida era a forma usual na fala. Así, un veciño de Beade de finais do século XVII e comezos do XVIII que se rexistra como Esteban Alonso nos libros de foros do convento vigués de San Francisco, no Libro de apun- tamientos para cuentas (AHN, Clero, 20225), que contén anotacións máis informais, aparece co verdadeiro nome: Estevo Afonso . Alza, A O Nomenclátor de Galicia recolle unha única localidade denomina- da A Alza na parroquia viguesa de Cabral. En Beade existe o Camiño da Alza ou a Rúa da Alza (na rotulación viaria «Rúa Alza»), na Pena. Alza
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1