Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 41 estrema coa coñecida polos veciños como A dos Canastreiro s. Agulla é aquí un sobrenome ou máis probablemente un apelido de propietario, formado sobre o nome común agulla (< latín ACUCULAM ). Agulla é un ape- lido característico do Morrazo e da ría deVigo, segundo podemos obser- var na Cartografía dos apelidos galegos do Instituto da Lingua Galega. Agustín, Agustinachos O Lugar de Agustín é unha casa cos seus terreos no camiño da Ba- rreira, na Gándara. Aínda que en Galicia existe Agustín como apelido de orixe toponímica, cremos que aquí é o nome persoal dun propie- tario. O lugar é coñecido tamén coa denominación alternativa de Os Agustinachos ou o Lugar dos Agustinachos , onde o derivado co sufixo - acho designa probablemente os descendentes do Agustín orixinario, supoñemos que con intención humorística, pois - acho é sufixo que se emprega para formar o nome das crías dalgúns animais (coma en le- bre- lebracho ). Agustín é propiamente un castelanismo, pois a forma tradicional ga- lega deste antropónimo é Agostiño . Alén Alén ou os Campos de Alén é a denominación dunhas propiedades situadas na Coutada, á beira do camiño que recibiu o seu nome destes campos, o Camiño de Alén . Alén é palabra común en galego, que ten uso como adverbio e como locución preposicional ( alén de ) e tamén como substantivo (o alén ‘o máis alá’). Na toponimia designa polo re- gular aldeas ou propiedades rústicas situadas máis alá dalgún obstáculo (por exemplo, un río) respecto do resto das aldeas da parroquia ou das posesións dun mesmo propietario. Non obstante, neste caso o topóni- mo non fai referencia á súa situación relativa, senón que procede dun alcume familiar, segundo nos fan constar os informantes locais. Este al- cume foi en orixe un apelido, á súa vez orixinario dun topónimo Alén . A documentación relativa ás propiedades do convento de San Domingos de Pontevedra en Beade rexistra a mediados do século XVIII un foreiro chamado don Fernando de Alén Rodríguez de Neira , que desde 1755

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1