Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 40 aquifolium . Estes nomes galegos derivan do latín ACIFOLUM , variante do AQUIFOLIUM ou ACIFOLIUM clásico, composto de ACU - ‘agulla’ e FOLIUM ‘fo- lla’, en referencia ás ‘follas con agullas ou espiñas’ desta árbore. O nome castelán da árbore (grafado con b, acebo ) é un galeguismo nesa lingua. Acevedo é un derivado do nome da árbore mediante o sufixo - EDO (do latín - ETU ), usual na formación de colectivos derivados de no- mes botánicos, tanto relativos aos cultivos coma á vexetación espon- tánea. Na toponimia de Beade témolo en Acevedo (terras de labor na Costa da Gándara, próximas ao lugar da Pouleira), o Camiño de Aceve- do (vía pública no mesmo lugar) e o Muíño de Acevedo (muíño próxi- mo ás terras de labor denominadas Acevedo). O Nomenclátor de Galicia recolle máis de cincuenta localidades cuxo nome fai referencia a estas árbores, coas formas Acevedo, Acivei- ro, Aceval, Acival etc., pero en Beade non podemos saber se o Acevedo destes topónimos é debido á presenza ou á abundancia de acevos ou acivos ou se procede do apelido dunha familia propietaria. O feito de que o Catastro de Ensenada non o rexistre como nome de lugar, pero si unhas propiedades e mais un muíño pertencentes a un «don Manuel de Acevedo, vezino de la villa de Vigo» fainos considerar máis probable a segunda hipótese. Acolitos ▶ Eucaliptos Agapito Agapito é un nome persoal de orixe grega, derivado de αγʹαπη (agáp¯e) ‘amor’, difundido no repertorio de nomes cristiáns a partir do culto de varios santos así chamados, entre eles un papa. Deixa pegada na topo- nimia de Beade no nome dunha vía pública denominada o Camiño de Agapito , un ramal do camiño de Gualdino que oficialmente leva tamén este mesmo nome. Coma tantos outros microtopónimos de Beade, con- tén un nome de propietario, neste caso chamado Agapito . Agulla, A do Coñécese como A do Agulla unha propiedade edificada na rúa de Ramiro Pascual, por detrás do camiño das Presiñas, en Babio, que
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1