Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 39 As entradas en minúscula remiten a apartados desta mesma relación alfabética. Cando se indica unha forma precedida dun número, refírese aos apartados das páxinas precedentes, correspondentes aos núcleos de poboación tradicionais da parroquia. Abalde ▶ 02. Abalde Abriles, Os Leva o nome de Os Abriles un curruncho de casas entre o camiño Real e a rúa do Seixo. Contén o plural dun sobrenome ou apelido Abril , coincidente co nome do mes, que tivo uso como nome persoal mas- culino. Rexistrámolo na documentación medieval empregado como nome e apelido, como nestes exemplos tirados do TMILG: «Abril Mi- gueez, abbade de San Paio» (ano 1278), «don Abril Eanes, Açidiago de Trasancos» (ano 1284), «Johan Abril, notario de Samos» (ano 1291), «Fernan Abril, notario do concello de Santiago» (ano 1322). Na actuali- dade, o apelido Abril presenta a súa máxima densidade no territorio da diocese tudense. O topónimo débese seguramente a uns propietarios que portaban ese apelido. Acevedo Acevo, aceviño, acivo, acivro e outras variantes son denominacións comúns en galego para a árbore coñecida polo nome científico de Ilex Segunda parte Outros topónimos de Beade 3

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1