Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 38 aínda tiña actividade, pois no Catastro de Ensenada figura na relación de tabernas da parroquia. Nese catastro e noutras fontes escritas atopá- molo adoito coa forma castelá Venta («sitio de la Venta», «en la situa- ción de laVenta», «de la Benta»...), mais no Libro de afanegados do ano 1846 figura coa forma tradicional galega Venda . Ademais desta, existiu na parroquia outra venda que deu orixe a un topónimo A Venda Vella , que aparentemente non sobrevive na actua- lidade mais que se rexistra no Catastro de Ensenada («otro tojal en la situación da Venta Vella»). Estaba situada no mesmo camiño real que viña de Tui, quizais entre A Venda actual e o núcleo de Babio. Algúns dos outros topónimos de Beade que conteñen este substantivo puideron estar motivados por esa venda vella e non pola que deixou pegada no topónimo AVenda actual. Son estes: a Fonte daVenda (entre os núcleos de Babio e AVenda; era tamén coñecida como a fonte da Leira, porque estaba á beira do camiño da Leira; hoxe desapareceu e conduciuse a auga ata a chamada Fonte dos Infernos); o Monte da Venda (terras de monte onda o núcleo da Venda); o Lugar da Venda (propiedade edifi- cada no camiño das Campaceiras, xusto na curva próxima á estrada da Venda); a Estrada da Venda (vía pública que vai de Babio ata o vial da Universidade, nun trazado coincidente co antigo camiño real de Tui a Vigo por Zamáns) e o Pinal da Venda (piñeiral na estrada da Venda).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1