Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 37 19. Seixo, O ▶ Seixo (do latín SAXUM ‘pedra’) é un termo moi común na toponi- mia galega. No Nomenclátor de Galicia constan 140 entidades de po- boación que conteñen no seu nome esta palabra ou os seus derivados e compostos ( Seixas, Seixal, Seixedo, Seixalbo etc.), tamén moi abun- dantes na toponimia menor. A presenza de seixo na toponimia designa en xeral grandes pedras ou penedos de cuarzo. En Beade dá nome a un núcleo de poboación tradicional ( O Seixo , á beira de Saa) e está presente noutros topónimos: a Fonte do Seixo (fonte no mesmo lugar), Os Seixos (terras de arboredo entre Babio e A Venda), a Fonte do Seixo ou a Fonte dos Seixiños (manancial hoxe desaparecido, en Babio), a Presa dos Seixos (encoro entre Babio e A Venda), Os Seixiños (monte e área industrial onda O Piñeiro) e a Estrada dos Seixiños (vía pública que sobe da estrada da Coutada ata A Pena; «Estrada Seixiños» no rótulo). Do manancial situado no terreo coñecido como Os Seixos , no barrio de Babio, di a veciñanza que tiña unha auga de moita calidade e que mesmo posuía propiedades medicinais. No momento do traballo de campo aínda podiamos velo, entre as silvas, no medio das coutadas, mais hoxe xa non existe, pois no seu lugar levántase o novo hospital de Vigo. O Catastro de Ensenada e outras fontes documentais dos séculos XVIII e XIX rexistran algúns destes topónimos de Beade con vacilacións nas grafías: «lugar do Seixo», «do Seijo», «del Seixo», «del Seijo», «sitio del seijo de abajo», «una casa (…) en el sitio do Seijo», «en el Seijo», «sitio del Seixiño», «una dehesa en el monte que nombran Seixiño», «sitio dos Seixos» etc. 20. Venda, A ▶ O substantivo común galego venda , igual ca o correspondente castelán venta , está emparentado co verbo vender e designaba anti- gamente un establecemento situado nunha vía de comunicación des- tinado a darlles comida e bebida aos viaxeiros e ás súas cabalarías. En Beade, o nome do lugar chamado AVenda procede dun destes estable- cementos. Ofrecía o seu servizo no camiño real a Bouzas e Vigo desde O Porriño e Tui pola parroquia de Zamáns. A mediados do século XVIII
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1