Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 36 Estes topónimos conteñen o resultado do latín medieval SALA , nome común de orixe xermánica que significaba ‘edificio, construción’. A pa- labra debeu de chegar a Galicia cos suevos no século V e tivo vixencia aproximadamente ata o século X , pero logo desapareceu do léxico da fala e unicamente sobreviviu na toponimia. Por esta razón, a orixe dos topónimos que presentan este substantivo debemos datala neses sécu- los da Alta Idade Media. Con posterioridade, a mesma palabra de orixe xermánica chegou de novo ás linguas da península, esta vez a través do francés salle , e con significados algo distintos (entre eles o máis común de ‘dependencia no interior dun edificio ou vivenda’) e deu lugar ao galego, castelán e portugués sala . A forma escrita con dobre vogal ( Saa , ás veces acentuada como Sáa ou Saá ) representa un arcaísmo gráfico, pois a evolución natural en galego é a redución da vogal, igual ca no topónimo lat. MATA MALA > medieval Matamaa > actual Matamá , ou no léxico común, do latín SOLU > medieval soo > galego actual só , ou latín BONU > galego antigo boo > actual bo . Este último adxectivo tamén se rexistra na actuali- dade con grafías arcaizantes nalgúns topónimos ou apelidos: Boo, Rioboo etc. Os topónimos de Beade que conteñen o substantivo Saa ou Sa pre- sentan vacilación nas grafías. Mesmo na actualidade, a rotulación mu- nicipal mantén a escrita arcaizante en Saa pero a reducida en Sá do Monte . Ata hai pouco, no rótulo viario que sinala este barrio de Beade, onde dicía Sá do Monte , podíase ver que unha man anónima engadira un a ao primeiro elemento ( Saa do Monte ) para uniformalo coa grafía habitual de Saa . Na fala, en calquera caso, representa un monosílabo, non sendo nas persoas que condicionadas pola forma escrita pronun- cian dúas vogais (sa-a). As mesmas vacilacións rexistrámolas na repre- sentación deste nome no Catastro de Ensenada: «casa (…) en el lugar de Saa», «en Sa», «lugar de Saa», «lugar de Saà», «lugar de Sáa», «Veiga de Saa», «campo da Cortiña de Sa», «sitio do monte en Sa», «en Cortiña de Saa», «en la Cortiña de Sa» etc. No Nomenclátor oficial do ano 1910 figuraba como Sa . O actual Nomenclátor de Galicia recolle 28 entidades de poboación que teñen no seu nome a forma Saa (contando compostos como Saave- dra ou Pedra de Saa ) e 24 coa variante gráfica Sa . En Portugal as grafías estandarizáronse como Sá nos topónimos (todos eles situados no norte) e nos apelidos idénticos, de orixe toponímica.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1