Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 35 O Nomenclátor de Galicia recolle outras tres localidades chamadas Quintián , ademais da de Beade, situadas nos concellos lugueses de Ou- teiro de Rei, O Páramo e Lugo. A estes debemos engadir posiblemente o segundo elemento do lugar e da parroquia de Morquintián , no con- cello de Muxía. Un microtopónimo camiño de Quintián , no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, atopámolo en latín nun docu- mento do século XII : «per monte Petrosum; inde per viam de Quintilan usque pervenitur ad Kavalar» (Sobrado, ano 1117). Na parroquia viguesa de Beade está presente esta forma en Quin- tián (entidade de poboación, núcleo habitado), Quintián de Abaixo e Quintián de Arriba (núcleos habitados, partes de Quintián), a Fonte de Quintián ou de Quintiáns (fonte en Quintián), o Lavadeiro de Quintián (lavadoiro no mesmo lugar) e O Quintianciño ou Os Quintianciños (te- rras de labor no Porto, hoxe na estrema da zona industrial). Tamén está presente este nome na rotulación viaria da autoestrada de Vigo a Baiona no chamado Viaduto de Quintián . Como sucede noutros topónimos da parroquia, nalgunha das for- mas recollidas rexístrase vacilación entre o singular e o plural. A forma do plural Quintiáns orixinouse espontaneamente polo feito de existiren dous núcleos co mesmo nome de Quintián ( Quintián de Arriba e de Abaixo ). En O Quintianciño ou Os Quintianciños , o plural debeu de xurdir por referencia a varias propiedades coa mesma denominación, xa que Quintianciño é propiamente un topónimo replicante de Quin- tián , derivado co sufixo - iño , posiblemente cun significado orixinario de «dos de Quintián», en referencia á propiedade das terras. Na documentación antiga sempre recollemos as formas do singular, que seguen a ser as maioritarias hoxe. No Catastro de Ensenada (1752), lemos: «en donde dicen Quintián», «en el monte que se nombra Quin- tián», «tojal en Quintián», «mas otro en las lagoas de Quintan ( sic ) de Arriba», «Quintián de Arriva», «en Quintianciño», «otra [tierra de labradío] en el sitio de Quintianciño» etc. 18. Saa ▶ Está presente esta forma nos seguintes topónimos de Beade: Saa (entidade de poboación), Saa do Monte ou Sá do Monte (área habitada) e A Cortiña de Saa (terras de labor próximas ao lugar de Saa).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1