Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 34 a aquella presa menor de agua» (Fr. Martín Sarmiento, Viaje a Galicia de 1745 ). Tol, tola, atolar etc., son palabras de orixe prerromana; teñen paren- tes noutras linguas románicas (castelán tollo, atolladero ; catalán toll ...) e moi probablemente están relacionadas co céltico t ˘ullon ‘oco, burato, foxo’. Temos esta forma en Beade nun topónimo que alude ao lugar destinado a entolar a auga para regar os eidos: A Tol ou A Atol (terras e arboredo –piñeiros, eucaliptos– en Quintián). O actual camiño de Gualdino antes era coñecido co nome do Camiño da Atol . Este topónimo rexistrámolo no Catastro de Ensenada coas variantes tol e tola : «sitio da Tol», «sitio da Tola». 17. Quintián ▶ Outro dos núcleos de poboación tradicionais da parroquia de Beade recibe o nome de Quintián . Este topónimo procede dun nome persoal de orixe xermánica Quíntila, Quintilanis (ou Kíntila , - anis ), que tivo uso relativamente frecuente como nome persoal masculino na Ga- licia dos últimos séculos do primeiro milenio. O nome de Quintián non pode vir do nome latino Quintianus , como sostén Gerardo Sacau no seu libro Os nomes da terra de Vigo (1996), pois nese caso esperariamos un resultado Quinzán , que tamén existe na toponimia galega (o Nomen- clátor oficial recolle cinco entidades de pobación con ese nome). A partir de Quíntila ou Kíntila , tanto do seu acusativo Q UINTILANE ( M ) coma do seu xenitivo latinizante Q UINTILANI , o resultado Quintián responde á evolución normal do paso do latín ao galego, coa característica perda do -l- intervocálico (como de lat. VOLARE > gal. voar , lat. SALIRE > gal. saír ). Na base de datos do Codolga atopamos múltiples exemplos de in- dividuos chamados Quintila durante os séculos IX e X . A partir do ano 1000 ese nome persoal foi perdendo uso ata desaparecer do repertorio onomástico masculino no século XII . Os últimos personaxes documen- tados que portaban ese nome foron un Quintila Cidiz que aparece nun documento do mosteiro de Celanova do ano 1106 e un Quintila Arias dun documento do mosteiro de Sobrado do ano 1160, de xeito que o topónimo Quintián de Beade debeu de nacer probablemente con ante- rioridade a esas datas.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1