Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 33 16. Presas, As ▶ Nun apeo de bens do ano 1529 faise referencia ao Casal da Presa «así como parte con la estrada que viene de Vigo» na parroquia de Bea- de. En 1752, no Catastro de Ensenada, atopamos numerosas referencias a ese lugar: «sitio da Presa», «una casa (...) en el lugar da Presa», «tie- rra en el sitio da presa», «donde dicen Campo da Presa». Vén sendo a mesma localidade que na rotulación municipal e noutras fontes actuais figura coa súa forma en plural: As Presas . Os topónimos en que está presente esta forma fan referencia a pequenas presas ou encoros que se realizan co propósito de reter a auga e distribuíla para regar ou para outros fins. Na parroquia de Beade temos este substantivo nos seguintes nomes de lugar: As Presas (entidade de poboación, próxima á da Pena), a Fonte das Presas (fonte no mesmo lugar), a Ponte das Presas (ponte sobre o río das Presas), o Camiño das Presas (vía pública na Pena), A Presa (área habitada e vía pública, próxima ao lugar do Franco), A Presa (terras de labor no mesmo sitio do anterior), As Presas do Eitón (presas nos campos chamados As Veigas do Eitón, en Abalde), As Presi- ñas (área habitada en Babio), o Camiño das Presiñas (vía pública, erra- damente como «de Presiñas» no rótulo), os Campos das Presiñas (terras de labor, cultivos, en Babio), a Fonte das Presiñas (fonte no camiño das Presiñas, en Babio), a Presa da Fonte da Vila (onda a fonte da Vila, nos Cruceiros, en Babio), a Presa das Poulas (antiga presa, hoxe inexistente, na área industrial do Porto), a Presa dos Lagumeiros (hoxe desapareci- da, onda o camiño do Gualdino), a Presa dos Mortos (próxima ao lugar da Batalla, cerca da igrexa parroquial), a Presa dos Seixos (encoro no monte dos Seixos, entre Babio e A Venda), a Presa dos Tanasóns (presa no camiño de Alén) e o Largo das Presas (na Pena, no actual camiño das Presas, dende a encrucillada da rúa Castañal coa estrada dos Seixi- ños ata o viaduto). Outro sinónimo de presa é o substantivo feminino tol ou atol , coa variante tola . Son formas características do galego suroccidental, da diocese tudense, que non teñen uso noutras áreas de Galicia. O Padre Sarmiento explicaba en 1745 este substantivo do seguinte xeito: «En Tuy se llama tol y una tol aquella presa de agua que sirve para regar los maizales u otros sembrados. Hay verbo gallego entolar el agua, y es cuando se divide el agua para el riego. En Pontevedra se llama tola
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1