Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 32 diferenza dos poxigos , que eran estreitos, para pasaren persoas. En Bea- de, no núcleo de Saa, o Catastro de Ensenada rexistra un lugar chamado A Porta («sitio da Porta», «labradío en la Porta»), seguramente referido a un paso ancho nun valado de pedra ou acaso unha entrada ao recinto cercado da primitiva Saa altomedieval que deu nome ao lugar (véxase máis adiante o comentario sobre o topónimo). Na toponimia actual so- brevive a referencia a esa Porta no topónimo Suaporta , que vén sendo o mesmo topónimo A Porta precedido da preposición correspondente ao latín SUB ‘debaixo de’. Este tamén se rexistra en 1752: «lugar de Sua- porta», «sitio de sua Aporta», «labradio en el cocho de sub a porta en Saá». Non son infrecuentes en Beade os topónimos iniciados por esta preposición: Suafonte, Sueiras, Sumata ... 15. Pouleira, A ▶ Poulo e poula son o resultado galego do latín PABULUM , PABULAM ‘alimento, pasto’, e designan as terras que non se cultivan e se deixan a herba para que paza nelas o gando. A expresión «(deixar) a poula» ten uso vivo no galego de moitas áreas de Galicia para referirse ás terras de labor que se deixan de cultivar, como descanso, para destinalas a pasto ou por calquera outra causa. Un derivado mediante sufixo é pouleira . Na parroquia de Beade, esta familia léxica está presente nos seguintes topónimos: A Pouleira (entidade de poboación), Os Poulos (terras de labor próximas á Barreira, na Gándara, entre o camiño do Riomao e as terras chamadas As Barxas), Os Poulos (terras de labor na Brea, entre O Roupeiro e As Relfas), O Poulo (terras de labor na Pena), Os Poulos (terras de labor en Saa), As Poulas (terras de labor –hoxe zona indus- trial– no Porto) e a Presa das Poulas (antiga presa, hoxe inexistente, no mesmo lugar). O Nomenclátor de Galicia recolle unha ducia de lugares chamados (O) Poulo , ( Os ) Poulos , ( A ) Poula ou ( As ) Poulas , e na microtoponimia é un termo moi abundante. O derivado Pouleira , aínda que non é infre- cuente como microtopónimo, como nome de entidade de poboación só se rexistra na parroquia de Beade. No concello de Vigo hai outro exemplo do masculino poulo no nome dunha entidade ou barrio da parroquia de Teis.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1