Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 31 No Catastro de Ensenada atopamos documentados estes lugares: «una casa terreña en el lugar de Porto», «una casa en el Porto», «un colmenar de nobenta colmenas en la situación do Porto», «sitio do Porto», «del Souto do Porto», «en el monte baldío que se nombra Porto Loureiro honze castaños y cinco robles». Na documentación dos séculos XVII e XVIII do convento pontevedrés de San Domingos rexístranse reiteradamente unhas propiedades en Beade coñecidas como O Souto do Porto . Outros topónimos da parroquia de Beade que conteñen substantivos emparentados con porto son os seguintes: Suaporta (terras de labor á beira do camiño das Castiñeiras, preto da encrucillada coa rúa de Saa), o Camiño de Suaporta (carreiro que conduce ás terras chamadas Suaporta), A Portiña (terreos no camiño da Alza, no barrio da Pena), As Portaleiras (área habitada no Porto), As Portaleiras (terras de labor no lugar do Porto), o Camiño das Portaleiras (vía pública no Porto), a Fonte das Portaleiras (fonte no Porto), o Camiño do Portelo (vía pública no núcleo do Coto) e O Portelo do Eido (carreiro no camiño do Portelo). Portelo é en orixe un derivado diminutivo de porto . Designa unha abertura estreita ou un paso nun valado de pedra para permitir a en- trada e a saída de persoas ou de animais, pero non de carros, nunha herdade cercada, a diferenza da porta ou o portal , que son máis anchos e permiten o paso do carro. Con este significado, portelo é sinónimo de esqueiro ou escairo , pasadoiro ou pasadouro e portaleira . Esta última forma, pertencente igualmente á familia léxica de porto e porta , tamén ten presenza na toponimia de Beade, como vemos. En galego, porta- leira é un termo característico do territorio da diocese tudense e non se rexistra noutras áreas; existe así mesmo en portugués, onde segundo os dicionarios designa «uma abertura, relativamente estreita, na vedação de um prédio rústico, para entrarem e saírem, por aí, animais e pes- soas». No Nomenclátor de Galicia figuran outras dúas entidades de po- boación chamadas As Portaleiras nas parroquias de Valeixe e de Parada das Achas, no concello pontevedrés da Caniza. Co mesmo significado está máis estendido noutras áreas galegas o uso de portelo . Existen dez entidades chamadas (O) Portelo ou (Os) Portelos . O feminino porta ten un significado semellante ao de portelo e por- taleira , pero en xeral designa, como vimos, unha abertura máis ancha, que permite o paso de carros. Nas vilas e nas cidades amuralladas ta- mén se chamaba porta cada unha das entradas para pasar carruaxes, a
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1