Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 30 que seguramente debemos identificar co núcleo actual chamado A Pena. No Catastro de Ensenada (1752) lemos: «una casa (...) en el lugar da Pena», «casa terreña en el lugar da Pena», «sitio da Pena», «sitio da Peña», «lugar da Pena». Tamén está presente este substantivo no nome dun muíño documen- tado no século XVIII no Catastro de Ensenada co nome de Muíño da Pena . 14. Porto, O ▶ Porto e porta son palabras de orixe latina, moi comúns na to- ponimia das vías de comunicación para designar os lugares por onde un camiño atravesa un límite ou supera un obstáculo do relevo (un vao ou unha ponte nun río, un paso entre montañas etc.). No pasado, nalgúns portos situados en fronteiras administrativas debía pagarse un tributo de portaxe ou pasaxe. O Nomenclátor de Galicia recolle máis de catrocentas localidades co substantivo porto ou os seus derivados e compostos. Polo lugar chamado O Porto accedía á parroquia de Beade o cami- ño real que viña desde Tui por Zamáns cara a Vigo e o val de Fragoso. Era unha das portas de entrada no territorio da xurisdición de Bouzas e, nalgunhas épocas da historia, nese lugar cobraban portaxe os represen- tantes do bispo e do cabido de Tui. O camiño referido, logo de pasar a encrucillada coñecida hoxe como Cruce do Porto , seguía en dirección a Vigo pola actual rúa do Seixo, nas proximidades da paraxe denominada na actualidade o Ca- miño Real , cerca de Saa e do instituto de bacharelato, ata a estrema de Beade con Castrelos, onde a toponimia conserva referencia a outro porto: Porto Loureiro , célebre no pasado polas súas canteiras, de onde saíu boa parte da pedra que se empregou na construción no rápido desenvolvemento urbano da cidade de Vigo. No traballo de campo recolléronse os seguintes topónimos en que está presente este substantivo: O Porto (entidade de poboación), o Cru- ce do Porto (encrucillada, núcleo habitado e vía pública no mesmo lu- gar), O Porto de Abaixo e O Porto de Arriba (áreas habitadas no mesmo sitio), a Fonte do Porto (fonte situada no lugar do Porto) e Porto Loureiro (vía pública e terras de labor e arboredo, na estrema con Castrelos).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1