Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 29 pois en toda a tradición escrita consta como O Lombeiro . Así, no Ca- tastro de Ensenada, de 1752, lese: «situación do Lombeiro», «sitio do Lombeiro», «de Lombeyro», «en el Lombeyro», «en el lugar do Lom- beiro», «coutada do Lombeiro» etc. Aínda que Lombo e Lomba son co- múns na toponimia galega, o derivado en -eiro / -eira non é abundante, e ademais desta localidade de Beade, o Nomenclátor de Galicia só rexistra unha forma feminina ( A Lombeira ) como nome dunha aldea da parroquia de Leirado, no concello de Salvaterra de Miño. Un diminutivo O Lombeiriño , que aparentemente non sobrevive hoxe na microtoponimia de Beade, atopámolo documentado no Catas- tro de Ensenada: «en el Lombeiriño», «sitio do Lombeiriño», «sitio do Cocho do Lombeiriño», «al Lombeyriño». O nome da paraxe coñecida hoxe como os Campos do Lombo , te- rras de labor situadas cerca de Abalde, onda a estrema coa parroquia de Bembrive, rexistrámolo igualmente no século XVIII : «sitio do Lombo», «camino que pasa al Lombo», «mas tierra en el sitio do Campo do Lom- bo», «en la situación do Lombo», «sitio do Lombo». 13. Pena, A ▶ O substantivo pena procede do latín PINNAM e é palabra común en galego para significar ‘rocha, penedo’. Na toponimia de Galicia é un termo abundantísimo, e tamén noutras áreas do norte da península. A forma correspondente en castelán é peña ; en Portugal conviven a for- ma tradicional pena , coincidente coa galega, e o castelanismo penha . O Nomenclátor de Galicia recolle máis de catrocentas entidades de po- boación con ese nome e os seus derivados e compostos. Na parroquia de Beade está presente en A Pena (núcleo de poboación), o Camiño da Pena (vía pública no mesmo lugar), os Campos da Pena (terras de labor á beira do camiño da Pena) e os Campos da Pena (área comprendida entre o camiño do Castañal e o hoxe denominado camiño do Pombal, na Pena). Nun apeo de bens da parroquia de Beade do ano 1529 faise referen- cia a un Casal da Pena , próximo ao «camino real que va para Vigo», 3 3 Citado por Elisa Ferreira (1988): Los caminos medievales de Galicia . Ourense: Museo Arqueolóxico Provincial, 92.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1