Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 28 Costa da Gándara (vía pública), A Gándara (terreos por riba do camiño do Riomao) e As Gándaras (terras de labor na Costa da Gándara). No século XVIII , a maior parte das terras do lugar da Gándara en Beade estaban dedicadas a monte baixo: «un tojal en la Gándara», «un tojal (…) en el lugar da Gandra», «medio ferrado de matorral (…) al sitio de la Gándara». Pero tamén había nese lugar soutos de castiñeiros e viñas: «una parra en la Gándara», «en terreno auierto del lugar da Gandra veinte y quatro castaños». A alternancia de grafías A Gándara / A Gandra que vemos no Ca- tastro de Ensenada tamén aparece noutras fontes documentais e car- tográficas ata a actualidade. Na rotulación e no Nomenclátor oficial úsase a forma plena, A Gándara , que non reproduce a síncopa da vocal postónica, moi frecuente na fala da zona ( A Ghandra ). O topónimo a Costa da Gándara está presente así mesmo en O Pe- druco da Costa da Gándara , nome dunhas terras de labor por detrás da Devesiña, na Gándara. 12. Lombeiro, O ▶ O substantivo común lombo , procedente do latín LUMBUM , ade- mais dun significado anatómico, referido ás costas dun animal ou dun- ha persoa, ten tamén uso con valor orográfico que fai referencia a ele- vacións do terreo de superficie alongada e perfil curvilíneo, igual ca o feminino lomba e os seus derivados. É un tema abundante na toponimia galega: o Nomenclátor de Galicia recolle máis de cincuenta entidades de poboación que conteñen no seu nome os substantivos lombo, lomba e os seus derivados e compostos. En Beade está presente en O Lom- beiro (entidade de poboación), o Camiño do Lombeiro (vía pública no mesmo lugar) e os Campos do Lombo (terras de labor próximas á rúa de Abalde). A orografía da entidade chamada O Lombeiro , asentada sobre a ele- vación ou o outeiro do mesmo nome, aínda permite apreciar o motivo que orixinou a súa denominación. A partir da edición de 1996, este lu- gar de Beade figuraba erradamente nos nomenclátores oficiais como O Lambeiro , sen dúbida debido a un erro mecanográfico ou de impresión,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1