Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 27 Figueirós» etc. A mesma alternancia entre o singular e o plural tamén se rexistra noutros topónimos da parroquia. Neste caso concreto, a come- zos do século XIX aínda tiña bastante uso a forma singular, Figueiró , pero ao longo dese século foi consolidándose definitivamente o plural. No Nomenclátor oficial de 1910 e en todos os seguintes xa figurou sempre coa forma actual: Figueirós . Figueiró e Figueirós son o resultado do latín FICARIOLA ( S ) , diminutivo de FICARIAM (‘figueira’), e estes nomes designaron en orixe un lugar poboado de figueiras. A propia morfoloxía do topónimo é indicio da súa antigüidade, pois os derivados en - OLA deixaron de utilizarse en datas moi temperás da Idade Media. O resultado do sufixo diminutivo latino - OLA , na zona de Vigo e de toda a diocese tudense, en vez da forma habitual do galego común en - oa ( Figueiroa ), presenta a varian- te suroccidental, común co portugués, en -ó (coma no topónimo vi- gués de Pereiró , que procede dun latín PIRARIOLA , diminutivo de PIRARIA ‘pereira’). Na toponimia galega son moi numerosos os nomes de lugar que fan referencia ás figueiras. O Nomenclátor oficial recolle máis de cen entidades de poboación cun nome pertencente a este tema botánico ( Figueira, Figueiral, Figueiroa, Figueiró, Figueirúa, Figueiroá, Figueiredo, Figueirido etc.). Na parroquia de Beade recollemos Figueirós (entidade de poboación), a Fonte de Figueirós (fonte no mesmo lugar) e o Camiño de Figueirós (vía pública). Ademais destes, outro topónimo relacionado con estas árbores é A Figueira ou As Figueiras (terras de labor nas inmediacións de Figueirós). Corresponde a unha liña de campos que se estende de leste a oeste entre o camiño do Lago e a rúa do Lombeiro, desde onde remata a rúa da Alza ata a parte alta do camiño de Figueirós. 11. Gandara, A ▶ Gándara é un substantivo galego de orixe prerromana que de- signa terreos pouco produtivos ou estériles, habitualmente chans. O Nomenclátor de Galicia recolle cerca de cento cincuenta entidades de poboación con ese nome ou cos seus derivados e variantes. Na parro- quia de Beade está presente en A Gándara (entidade de poboación), a
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1