Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 26 Está estreitamente relacionado con O Facho polo seu significado ou- tro topónimo de Beade: OVelouro , escrito con frecuencia como O Be- louro . Non posuímos documentación antiga que nos permita interpreta- lo con absoluta certeza, mais cremos que contén un derivado mediante o sufixo - ouro (do latín - ORIU ) a partir do verbo velar (< do latín VIGILARE ). O resultado común en galego dese sufixo de orixe latina é - oiro , mais enVigo e en toda a área tudense presenta a variante - ouro ( Pousadouro, Breadouro, Corredoura ). OVelouro aludiría, pois, á condición de lugar onde se velaba ou se facía vela ou vixía , en épocas de conflitos bélicos, para alertar a poboación sobre a posible chegada de inimigos. O co- rrespondente primitivo ( vela ) está presente co mesmo valor en moitas áreas da toponimia galega. Lémbrese, por exemplo, a Costa da Vela e a área mariña coñecida como Suavela , situadas no extremo da península do Morrazo e á beira do mencionado Facho de Donón. En Beade aínda temos outro topónimo relacionado coas actividades de vixilancia dos camiños: é o nome da área chamada As Talaíñas , unhas terras de labor entre os lugares do Porto e do Franco. O nome ac- tual, coma outros topónimos plurais que designan terras de labor inte- gradas por varias propiedades, é un plural secundario, pois o topónimo orixinario era singular, A Atalaíña , e nel houbo unha segmentación do a- inicial do substantivo, interpretado como artigo ou fundido con el ( A Atalaíña > ATalaíña ). É, polo tanto, un diminutivo do substantivo común atalaia , palabra de orixe árabe que se aplicou a lugares desde onde se exercía labor de esculca, vela ou vixía. As grafías con que aparece este topónimo no Catastro de Ensenada amosan que probablemente daque- la xa non resultaba un nome transparente: «sitio da Talaiña», «en la Ata Laiña», «situazion da Talayña» etc. O Nomenclátor de Galicia rexistra unha ducia de localidades chamadas A Atalaia ; unha delas na veciña parroquia de Vincios, no concello de Gondomar. 10. Figueirós ▶ As referencias a esta entidade de poboación da parroquia de Bea- de que atopamos no Catastro de Ensenada presentan no seu nome alter- nancia entre o singular e o plural: «lugar de Figueirós», «sitio de Figuei- rós», «una casa terreña en el sitio de Figueiró», «una huerta en el lugar de Figueirós», «lugar de Figueiró», «en Figueiró», «terreno situado en

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1