Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 25 tipo de esculcas e sinais desde a Idade Media ata datas relativamente recentes. No século XVII , durante a guerra en que Portugal recuperou a independencia, e nas décadas seguintes, instaláronse atalaias e vixías en moitos puntos da diocese de Tui para defenderse das repetidas incur- sións de portugueses, e algunhas desas esculcas situáronse en lugares que xa se chamaban previamente Pena Vixía, A Esculca, A Atalaia, O Faro, O Facho, AVela, A Sentinela etc., o que quere dicir que xa se tiñan empregado coa mesma finalidade desde tempo atrás. A moitos deses lugares aínda se lles volveu dar o mesmo uso no século XIX na guerra contra os franceses. Facho vén sendo un sinónimo de Faro , pois aínda que este último se especializou para designar os que na costa serven para axuda da navegación, tamén existen no interior moitos montes chamados do Faro porque neles se prendían fachos de vixía para alertar a poboación ou para orientar os camiñantes. Da visita que fixo no ano 1745 o Padre Sarmiento ao facho do cabo Prioiro, preto de Ferrol, deixounos a seguinte anotación na súa Colec- ción de voces y frases gallegas : Allí vi el facho que se reduce a una pequeña casita para albergar a dos o tres y la mucha leña preparada para el caso de encender el fuego para el aviso. Esa práctica de dar señales con el fuego es antiquísima en España. Así la voz gallega facho (...) significa la hoguera que se hace en las alturas y el sitio determinado en donde se enciende, y en donde velan dos hombres a ese fin; y esos son los esculcas. Está sigilada una porción de hombres para que por turno, y alternando, suban, como se dice, a guardar el facho; y con esa penosa carga gozan de algunas exempciones. Habitualmente os lugares escollidos para acender o facho eran zo- nas deshabitadas, mais o nome puido aplicarse como denominación dun núcleo de poboación situado na súa proximidade. O Nomenclátor oficial de Galicia recolle, ademais da viguesa de Beade, outras tres entidades de poboación con ese nome, todas elas na área suroeste de Galicia, nos concellos de Cambados, Cotobade e Tui. Na toponimia menor é moito máis abundante. É ben coñecido O Facho de Donón , no extremo do Morrazo. En 1752 rexistramos este topónimo en Beade como nome do núcleo habitado e mais como nome da parte do monte comunal máis próxima a ese núcleo: «una casa (…) en la situación do Facho», «situación do Facho», «una casa (…) en el Facho», «en el sitio do Facho», «casa terre- ña en el lugar do Facho», «en el monte que llaman do Facho, asiento del comun».
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1