Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 24 formas derivadas del ( Dorna , A Dorna , As Dornas , Dornela , Dornelas , Dorneda ), entre elas a parroquia de Dornelas, no concello de Mos, limítrofe co de Vigo. No Catastro de Ensenada (1752) rexístrase co nome de Dornelas a aldea («una casa en Dornelas», «casa de un alto en Dornelas», «sitio de Dornelas») e tamén unha parte do monte ou da devesa comunal, propiedade dos veciños da parroquia: «en el monte del asiento del co- mún en Dornelas siete castaños de primera calidad», «en el monte de Dornelas». No propio catastro explícanse as diferentes denominacións deste monte común de Beade: «...que por las varias situaciones que goza se denomina de Costales, Porto, Facho, Dornelas, Riomau, Piedra Cavalaria, Canzela das Tansas, Regada, Cavada de Pazo y Devesa, que se compone de mill y quinientos ferrados en sembradura.» 09. Facho, O ▶ Os seguintes topónimos da parroquia de Beade conteñen o subs- tantivo común galego facho : O Facho (entidade de poboación, núcleo habitado), a Fonte do Facho (fonte no mesmo lugar), A do Facho (cam- pos de labor no camiño da Mangueliña, no barrio do Porto), O Facho (área inmediata ao Campo da Viña, no actual camiño do Xestal, na Gándara). Estes últimos probablemente motivados polo feito de que os propietarios desas terras eran veciños do Facho. O substantivo facho , coma outras palabras da mesma familia léxi- ca ( facha, fachico, fachuco, fachuzo ...), úsase en galego para designar unha tea ou un obxecto semellante ao cal se lle planta lume para ilu- minar ou para outros usos. Son palabras de orixe latina, e teñen como parentes noutras áreas lingüísticas peninsulares o nome das coñecidas fallas de Valencia ou o castelán antigo hacha ‘antorcha, tea’. En la- tín chamábase FACULA unha pequena tea, pero as formas galegas veñen dunha variante * FASCULA , con interferencia de FASCE ‘feixe’, por facérense habitualmente con feixes de palla ou de leña miúda. O Facho é un topónimo moi repetido en todo o territorio galego como nome de montes ou de elevacións. Os lugares chamados así foron usados como atalaias ou vixías, especialmente en tempos de gue- rra, para esculcar movementos de tropas e dar aviso a outras atalaias mediante fogueiras ou sinais de lume. Temos noticias do emprego deste
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1