Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 23 «otra tierra en el sitio da Coutada», «monte da Coutada», «en la Cou- tada do Monte», «tojal en la coutadiña», «otra [tierra] en la situacion da Coutadiña pequena», «un tojal en el sitio das Coutadiñas», «tojal en el sitio da Coutada de Jorxe», «una casa terreña en la Coutada», «en el sitio da Coutada», «sitio de Coutada Serta», «la Coutada do Lombeiro», «da Coutada da Gabianzeira» etc. O Nomenclátor de Galicia recolle unhas vinte entidades de po- boación denominadas Coutada e derivados, case todas elas situadas no territorio da diocese de Tui. Na súa meirande parte son topónimos nacidos con posterioridade ao século XVI , relacionados coa expansión das terras cultivadas (véxase Cavada ). 08. Dornelas Dornela é un derivado diminutivo de dorna . No século XVIII o Padre Sarmiento definía dorna do seguinte xeito: Dorna . Es nombre de vasija o artesa de madera, pero en especial aquella tinaja que se pone en los lagares para recibir el vino exprimido. Y cuando la renta de vino se ha de pagar en mosto, se dice pagar a dorna . Duerno y dornajo son voces castellanas.» (...) // Dorna . Nombre de barco y de una tinaja de madera. (Fr. M. Sarmiento, Catálogo de voces y frases gallegas ) ▶ Dorna e derivados, o mesmo ca os seus parentes casteláns duer- na , duerno , dornajo etc., son palabras de orixe prerromana, moi proba- blemente céltica. Igual que acontece con outros substantivos que dan nome a recipientes e mais tamén a embarcacións, no seu uso topo- nímico designan concavidades, depresións ou fondais no terreo. Esas son as características da orografía onde se asenta o núcleo habitado de Beade chamado Dornelas , situado na beira dun fondal. O nome deste núcleo figura na rotulación viaria municipal recente cun artigo («As Dornelas») que constitúe un erro, pois o artigo non se rexistra na fala nin na documentación escrita. Ademais da entidade de Dornelas , son coñecidas tamén como Dornelas unhas terras de labor onda a Costa da Gándara, na estrema con Brembrive. O Muíño de Dornelas , situado máis ao sur, debe talvez o seu nome ao feito de seren veciños de Dor- nelas os propietarios. Ademais da de Beade, o Nomenclátor de Galicia recolle outras dezaseis entidades de poboación que conteñen este substantivo ou
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1