Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 22 coas terras de labor próximas ao mesmo lugar, que documentamos en singular e en plural. No traballo de campo recolléronse na parroquia de Beade os seguintes topónimos con esta forma ou con formas derivadas: A Coutada (entidade de poboación), A Coutada ou As Coutadas (terras de labor no mesmo lugar), a Fonte das Coutadas (fonte onda os prece- dentes, no barrio da Coutada), A Coutada (terras de labor en Quintián), A Coutada ou o Campo da Coutada (área na estrada do Porto onde se levanta o xeriátrico), A Coutadiña (terras de labor no lugar do Porto), A Coutadiña (terreo na rúa da Cavada, tamén chamado Campo do Renco), a Fonte da Coutada (fonte na Coutada da estrada do Porto), Coutadiñas (terras en Quintián, por riba do Tranqueiro e da Galiñeira), As Couta- diñas (campos de labradío no inicio da estrada do Porto), o Camiño de Coutadiñas (camiño na estrada do Porto), a Coutada dos Cruceiros (terras nos Cruceiros, Babio), a Coutada do Cura (propiedade onda o camiño das Campaceiras, hoxe ocupada polos terreos do novo hospi- tal), a Coutada do Ferreiro (área nas Coutadiñas, na estrada do Porto) e as Coutadas da Volta Bernalda (terras en Abalde, á beira do camiño de Casmarcelo). Coutada segue a ser un termo de uso común na fala de Beade co significado de ‘propiedade de monte cercada’. Coutada é o participio do verbo coutar , derivado de couto , resultado galego do participio do verbo latino CAVERE ‘defender, protexer, gardar’. Aplicado a herdades ou a propiedades rústicas, designa as que están cercadas por valados ou sebes. Coutada é equivalente, polo tanto, do que noutras áreas de Galicia se denomina chousa , cercado , cerrada , zarra , tapada , toma- da etc. Un dos primeiros dicionarios galegos, o de Regueira, do ano 1840, reproducido por Antón Santamarina no Dicionario de Diciona- rios (2003), explica a orixe do termo coutada a partir da licenza oficial que antigamente solicitaban os veciños para pechar ou cercar as súas propiedades: Coutada . Orden o mandamiento que en lo antiguo expedían los Jueces Reales Ordinarios de las Jurisdiciones, a instancia de los labradores, para vedar las heredades sembradas, a fin de que los comareros no echasen a perder las mieses, con el pretexto de coger la yerba entre ellas para dar a su ganado, o que llevasen estos a apacentar en los alrededores de las agras. No Catastro de Ensenada rexistramos na parroquia de Beade os to- pónimos mencionados e outros semellantes: «el Campo da Coutada»,

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1