Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 21 extensión toda a zona situada arredor da mal chamada «Rúa do Couto» (pois debería ser do Coto ), nas proximidades de Abalde. O topónimo figura con esa forma errada na rotulación viaria municipal e algunhas persoas orixinarias do lugar xa empregan ese nome, por velo así escrito. Pero na documentación histórica sempre se rexistra como O Coto . Así no Catastro de Ensenada (1752): «sitio do Coto», «en el Coto», «casa terrena en la situacion do Coto» etc. Coto é unha palabra de orixe prerromana que sobreviviu en galego co significado de ‘parte máis alta dun monte, pico, elevación’. Neste caso, cando se realizou o nomenclátor viario de Vigo e se puxeron os rótulos, houbo unha confusión co castelán coto , que en galego é couto ‘territorio sometido a xurisdición particular’ ou ‘terreo vedado de caza, pesca etc.’. Na toponimia de Beade consérvase outro derivado de coto en A Cotarela , propiamente un diminutivo feminino do derivado cótaro , có- tara ‘elevación, outeiro, prominencia no terreo’, presente no nome dos muíños denominados Os Muíños da Cortarela , no río da Barxa ou río de Babio e inmediatos á vía que conduce á Universidade, que foron obxecto dunha restauración recente. Dúas propiedades situadas no Camiño do Coto recibén así mesmo os nomes de O Coto de Arriba e O Coto de Abaixo , e a curta distancia atopamos o Carreiro do Coto . Cos seus derivados e compostos ( Cótaro , Cotro , Cotarelo , Cotarro etc.), o substantivo coto está moi presente na toponimia galega e nou- tras áreas xeográficas próximas (por exemplo, nos asturianos Cueto , Cuétara ). O Nomenclátor de Galicia recolle máis de cen entidades de poboación chamadas Coto ou O Coto . 07. Coutada, A ▶ No Catastro de Ensenada e noutras fontes antigas consta o nome desta entidade de poboación pertencente á parroquia de Beade baixo as formas Coutada , La Coutada e A Coutada . No Nomenclátor de Galicia de 2003 e en parte da documentación municipal alterna este nome co da forma do plural, As Coutadas , talvez por confusión con algún dos lugares chamados As Coutadas que hai noutras parroquias viguesas ou

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1