Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 20 Carballo do Pazo a de O Carballo da Vila , que tamén vemos no Catastro de Ensenada: «el Carvallo da Vila», «sitio do Carballo da Vila». Pertencen á mesma familia léxica de carballo os topónimos o Cami- ño da Carballeira (vía pública en Abalde), a Fonte da Carballeira (fonte nese camiño) e As Carballeiras (valgada en Saa, entre a rúa da Lagoa e o camiño das Castiñeiras). A Carballeira é tamén o nome dun conxunto de terras de labor e de casas que estrema coa rúa de Ramiro Pascual e co camiño do Lameiro, no Carballo do Pazo; no pasado, este lugar chama- do A Carballeira era unha área chea de carballos onde, segundo os in- formantes, se celebraba unha comida campestre na festa de Santa Ana. No Catastro de Ensenada rexistramos estes topónimos: «en la Carva- lleira», «labradio en el sitio da Carballeira». O actual As Carballeiras, en Saa, alterna nesa época en singular e en plural: «sitio das Carva- lleiras», «en las Carvalleyras», «sitio de la Carballeira»; coma noutros topónimos da parroquia en que se dá esta alternancia, a forma orixi- naria era a do singular. O feito de que o topónimo designase herdades pertencentes a diversos propietarios fixo que cada un destes empregase o singular para referirse á súa propiedade e comezase a empregar o plural para o conxunto. Tamén é unha alteración mediante o plural o que deu orixe a outro topónimo de Beade da mesma familia léxica de carballo : Os Carballa- ses , nome dunhas terras de labor próximas a Quintián, hoxe absorbidas pola área industrial. Carballases é un plural de Carballás , que á súa vez xa era un plural de carballal ; trátase, pois, dun nome con duplo morfe- ma de plural, como cafeses , reises por cafés , reis . O propio topónimo informa de que antes de seren gañadas para o cultivo, esas terras foran de arboredo de carballos. O feminino carballa ‘carballo vello de tronco voluminoso’ seme- lla estar presente nos topónimos As Carballas e a Casa das Carballas , mais dado o frecuente uso de femininos formados a partir de nomes de propietarios, e da presenza histórica do apelido Carballo na parroquia, tamén é posible que ese topónimo As Carballas sexa equivalente a «As de Carballo». 06. Coto, O ▶ O Coto figura no Nomenclátor de Galicia como outra das enti- dades de poboación da parroquia de Beade. O topónimo designa por
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1